miércoles, 12 de junio de 2024

9ª SESIÓN DE ROBÓTICA DE 4º E.PRIMARIA

Este mércores, 12 de xuño o alumnado de 4º E.Primaria programou con micro:bit.

Este potente ordenador ten os bloques cun código de cores que ao noso alumnado resúltalle familiar porque xa usaron Scratch. 

Que fixo o noso alumnado co editor de Makemode?

1º Crear un sinxelo termómetro. Procesar os datos obtidos e facer operacións matemáticas con ditos datos.

2º Crear unha pequena melodía para que nos avise ao chegar a unha determinada temperatura.

3º Cargar o software no dispositivo (primeiro descargaron o programa desde a nube ao ordenador e logo cargárono na tarxeta).

4º Comprobar o funcionamento da tarxeta proporcionada e modificala.

5º Manexar ficheiros dentro do ordenador.

Foi unha sesión de robótica moi interesante! Con ela damos por finalizadas as clases de robótica deste curso. 









jueves, 30 de mayo de 2024

8ª SESIÓN DE ROBÓTICA DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O pasado mércores 29 de maio, o alumnado de 4º de Educación Primaria tivo unha nova sesión de robótica. Nesta ocasión dedicámonos a programar un robot a través do programa Make Code. Aprendemos a variar os puntos leds do robot, cambiar de iconos (formas e tamaños), engadir o noso nome e incluso que mostrara a temperatura do ambiente. 




domingo, 12 de mayo de 2024

7ª SESIÓN DE ROBÓTICA DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 O pasado mércores 8 de maio, o alumnado de 4º de Educación Primaria tivo unha nova sesión de robótica, onde traballaron cos lapis 3D que nos permitiu crear figuras en dúas e tres dimensións, como casas, gafas, bolboretas, colares... Pasámolo xenial!









miércoles, 8 de mayo de 2024

XOGO ALIMENTOS SAUDABLES SCRATCH 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 4ºA e 4ºB estivo traballando durante seis sesións coa plataforma Scratch. As nenas e nenos de 4º EP, en grupos de dous, aprenderon a planificar o traballo. Elixiron o fondo (escenario), os personaxes (obxectos) e as imaxes que querían incluír. Ao final, foron capaces de crear un xogo para distinguir os alimentos saudables e non saudables. 

Queremos deixarvos aquí unha mostra dun deses xogos. Se queredes probar o xogo de Scratch , premede en: Acceso ao xogo

jueves, 18 de abril de 2024

6ª SESIÓN DE ROBÓTICA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

O mércores 17 de abril, o alumnado de 4º E,.Primaria tivo unha sesión de robótica na que, xuntando todos os coñecementos aprendidos ata agora sobre Scratch, prepararou un xogo para que os máis pequenos/as diferencien os alimentos saudables e os non saudables. Para facer isto:

1º Descargaron fotos de alimentos saudables e non saudables. 

2º Completaron as fotos que tiñan con algunha imaxe sacada de Internet; xa que o banco de imaxes de Scratch non as tiña.

3º Crearon dúas variables con estes nomes:

.- Alimentos saudables.

- Alimentos non saudables.

4º Incorporaron un evento de bandeira verde e un comando no que lle deron a cada variable o valor 0.

Estas imaxes e o vídeo corresponden a esta sesión de robótica:











jueves, 4 de abril de 2024

5º SESIÓN DE ROBÓTICA 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Este mércores 3 de abril, alumnado de 4º de Educación Primaria profundizou no seu traballo en Scratch. Agora xa saben debuxar os seus propios avatares e agregar puntos, para iso crearon unha variable co valor 1 que se incrementa cada vez que un avatar toco ao outro. Xa case son capaces de crear o seu propio xogo virtual!! 





sábado, 16 de marzo de 2024

4ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º E.PRIMARIA

Este mércores, 13 de marzo de 2024, o noso alumnado de 4º E.Primaria seguiu traballando con Scratch:

1º Crearon varios avatares.

2º Buscaron tres ou catro escenarios diferentes.

3º Colocaron imaxes de distintos alimentos sobre un dos escenarios.

4º Por último, localizaron os comandos necesarios para que ao chocar o avatar con cada unha das imaxes dos alimentos se trasladase a outro dos escenarios. 

Con todas estas aprendizaxes, na seguinte sesión van crear cada parella o seu proxecto de Scratch que compartiremos a través deste blogue.