miércoles, 15 de febrero de 2023

2ª SESIÓN DE ROBÓTICA ALUMNADO DE 3º E.PRIMARIA . CURSO 2022-23

Nesta segunda sesión, o alumnado de 3º E.Primaria coñeceu o programa TINKERCAD. O profesor de robótica explicoulles como acceder a este programa cun código de clase e un contrasinal e como manexalo. A partir de aí, cada equipo comezou o deseño dun chaveiro. Gardaron o que fixeron e agora tócalle ao profesor revisalo. Algún modelo igual se pode chegar a imprimir!

Esta segunda sesión foi impartida ao alumnado de 3º A o 8 de febreiro e ao alumnado de 3º B o 15 de febreiro.





miércoles, 8 de febrero de 2023

1ª SESIÓN DE ROBÓTICA ALUMNADO DE 3º EP- CURSO 2022-23

O alumnado de 3º E. Primaria tivo a súa primeira sesión de robótica deste curso 2022-23. En 3º A esta sesión fíxose o 25 de xaneiro e en 3º B o 1 de febreiro. 

Traballaron cos Lego Robots. Ao final da clase todos os grupos conseguiron construír un satélite que programaron desde as súas tabletas. Foi unha clase moi divertida!!







 

martes, 31 de mayo de 2022

SESIÓNS DE ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 6ºA

O alumnado de 6ºA, ao igual que o de 5º A e 4º A,  recibiu no primeiro trimestre deste curso 2021-22 seis sesións de robótica impartidas polo profesor Luis Alonso del Río. Estas sesións distribuíronse da seguinte maneira:

- 2 sesións cos Lego Wedo 2

- 2 sesións cos Mbot

- 2 sesións de deseño 3D

Usáronse para estas sesións os recursos do centro e completáronse cos elementos aportados polo CGRE.

Neste terceiro trimestre reanudamos as sesións de robótica, que se deixaron de impartir durante o segundo trimestre por mor da pandemia, e imos repartilas como segue:

- 1 sesión de deseño 3D

- 1 sesión cos Lego Wedo 2

- 1 sesión de Scratch

- 1 sesión cos bolígrafos 3D

- 1 sesión cos Mbot

As imaxes corresponden á sesión realizada cos Lego Wedo 2 que se fixo o 26 de maio pasado.






domingo, 20 de marzo de 2022

SESIÓNS DE FORMACIÓN ROBOTIESCOLA

No primeiro trimestre do curso 2021/22 continuouse coas sesións de formación de Robótica por parte de persoal do Centro Galego de Robótica para alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, os mércores de cada semana.



Traballouse co programa MBLOCK, cos robots MBOT e cos LEGO Education WeDo 2.0.

O LEGO WeDo é o kit de robótica educativa para iniciar aos nenos e nenas de primaria na programación. Permite construir robots con sensores simples, programalos e conectalos a ordenadores. É unha ferramenta que serve ademais para axudar a mellorar habilidades motoras e mentais.

Como complemento dispoñemos de tablets, nas que están instaladas as aplicacións para poder traballar cos LEGO WeDo.



miércoles, 23 de junio de 2021

Sesión de Robótica PT

Os nenos e nenas de 1º A coñeceron ao robot DOC na sesión de PT. Tras familiarizarnos co seu funcionamento, traballamos o seguimento de instrucións e a orientación espacial a través da interpretación dun plano dunha vila presente no noso taboleiro. Foi moi divertido!




Sesións de Robótica en AL

O alumnado de 5 anos B, 1º A e 1º B coñeceron o Escornabot. Practicaron coas palabras con R resolvendo unhas divertidas adiviñas, unha vez que sabían a resposta tiñan que dirixir ao robot á imaxe correspondente, ademais traballaron a estruturación sintáctica creando pequenas oracións coas palabras que foron descubrindo. Pasámolo en grande!





Sesións de Robótica 5 anos B

 

Os nenos e nenas de 5 anos B coñeceron a DOC nas sesións de PT e AL. Traballaron a orientación espacial e a estimulación da linguaxe oral coñecendo novo vocabulario e a través da creación de pequenas historias cos elementos presentes no taboleiro. Pasárono xenial!