Este mércores, 21 de febreiro, o alumnado de 4º E.Primaria seguiu traballando co Scratch. Nesta sesión, as nenas e nenos de 4ºEP experimentaron escollendo o seu avatar e buscando os comandos para movelo, seguindo unhas directrices do profesor de robótica, cambiándolle o tamaño, poñéndolle sons...
miércoles, 28 de febrero de 2024
miércoles, 31 de enero de 2024
2ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º E.PRIMARIA
Este mércores, 31 de xaneiro de 2024, o alumnado de 4º E.Primaria comezou o seu proxecto de Scratch. Nesta sesión recordamos algunhas cousiñas básicas que xa se viran o curso pasado:
1º Escoller un escenario.
2º Buscar unha imaxe para colocar no escenario.
3º Incorporar un obxecto secundario.
4º Programar un dos obxectos, previamente seleccionado, imprimíndolle un movemento. Aplicamos para isto os coñecementos adquiridos sobre os eixes de coordenadas.
Estas son algunhas imaxes sacada durante esta clase:
miércoles, 24 de enero de 2024
1ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º E.PRIMARIA
miércoles, 24 de mayo de 2023
7ª SESIÓN DE ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 3º E.PRIMARIA
Na xornada do 24 de maio, o alumnado de 3ºA e 3ºB tiveron unha sesión de Scratch. Nesta clase de robótica fixeron o seguinte:
1º Elixir un escenario que se correspondese cunha paisaxe para a súa historia.
2º Escoller dous animais para insertar nesa paisaxe.
3º Incluír o texto de cada personaxe (intentar crear un diálogo entre eles que tivese relación co coidado do medioambiente).
4º Definir o seu movemento na pantalla.
5º Aos que lles deu tempo incluír tamén algún son.
6ª SESIÓN DE ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 3º E.PRIMARIA
O alumnado de 3º A tivo esta sesión o 26 de abril, e o alumnado de 3º B o 24 de maio. Nesta clase de robótica repasaron os movementos dos robos mBot, para despois repetir as instrucións, pero cambiando os comandos co obxectivo de dirixir os robots cun mando a distancia, sen necesidade de telos enchufados ao ordenador.
Unha vez que fixeron isto, pasaron a traballar sobre o panel das mulleres que temos na aula de informática. Pedíaselles que identificaran a unha muller do panel e quen o facía debía explicarlle aos demais en que campo da cultura destacou. A continuación, entregabáselle unha tableta para que dirixira o robot ás coordenadas nas que se atopaba a fotografía de dita muller famosa. Complicouse o xogo cando se colocaron dous ou tres robots sobre o panel e se foron incorporando tabletas, dado que había que dirixir aos robots, pero non podían chocar entre eles.
miércoles, 26 de abril de 2023
11ª SESIÓN DE ROBÓTICA CO ALUMMNADO DE 4º EP
Hoxe, mércores 26 de abril, realizamos unha nova sesión de robótica traballando cos mBots, pero desta vez fixemos os movementos no chan sobre un panel. Cada mBot estaba conectado a unha tablet e desde ela realizaban os diferentes movementos (ir cara adiante, cara atrás, xirar á dereita e xirar á esquerda).
Esta panel ten o rostro de varias mulleres que destacaron nalgún campo ao longo da historia. Está baseado no libro "Ellas cuentan. 50 mujeres y niñas que cambiaron el mundo", co que previamente traballamos na aula.
A actividade de hoxe fixémola por grupos. A mestra daba uns datos ou pistas sobre unha das mulleres, e cada grupo debía dirixir o seu robot cara a muller correcta.
Logo, invertimos a actividade. Cada grupo debía dirixir o robot cara unha muller que eles escolleran e dicir todo o que sabían dela.
Foi moi divertido!
sábado, 22 de abril de 2023
10ª SESIÓN DE ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 4º EP
Realizamos unha nova sesión o mércores 19 de abril.
Volvemos traballar co programa mBLock e cos robots mBots.
O obxectivo de hoxe era que o noso robot emitira un son (pitara) cando detectara unha certa temperatura (maior que a variable dada) ou que encendera unha luz verde (cando a temperatura era menor que a variable dada).
Obxectivo conseguido!



























