O pasado mércores 29 de maio, o alumnado de 4º de Educación Primaria tivo unha nova sesión de robótica. Nesta ocasión dedicámonos a programar un robot a través do programa Make Code. Aprendemos a variar os puntos leds do robot, cambiar de iconos (formas e tamaños), engadir o noso nome e incluso que mostrara a temperatura do ambiente.
jueves, 30 de mayo de 2024
domingo, 12 de mayo de 2024
7ª SESIÓN DE ROBÓTICA DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
O pasado mércores 8 de maio, o alumnado de 4º de Educación Primaria tivo unha nova sesión de robótica, onde traballaron cos lapis 3D que nos permitiu crear figuras en dúas e tres dimensións, como casas, gafas, bolboretas, colares... Pasámolo xenial!
miércoles, 8 de mayo de 2024
XOGO ALIMENTOS SAUDABLES SCRATCH 4º EDUCACIÓN PRIMARIA
O alumnado de 4ºA e 4ºB estivo traballando durante seis sesións coa plataforma Scratch. As nenas e nenos de 4º EP, en grupos de dous, aprenderon a planificar o traballo. Elixiron o fondo (escenario), os personaxes (obxectos) e as imaxes que querían incluír. Ao final, foron capaces de crear un xogo para distinguir os alimentos saudables e non saudables.
Queremos deixarvos aquí unha mostra dun deses xogos. Se queredes probar o xogo de Scratch , premede en: Acceso ao xogo.
jueves, 18 de abril de 2024
6ª SESIÓN DE ROBÓTICA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA
O mércores 17 de abril, o alumnado de 4º E,.Primaria tivo unha sesión de robótica na que, xuntando todos os coñecementos aprendidos ata agora sobre Scratch, prepararou un xogo para que os máis pequenos/as diferencien os alimentos saudables e os non saudables. Para facer isto:
1º Descargaron fotos de alimentos saudables e non saudables.
2º Completaron as fotos que tiñan con algunha imaxe sacada de Internet; xa que o banco de imaxes de Scratch non as tiña.
3º Crearon dúas variables con estes nomes:
.- Alimentos saudables.
- Alimentos non saudables.
4º Incorporaron un evento de bandeira verde e un comando no que lle deron a cada variable o valor 0.
Estas imaxes e o vídeo corresponden a esta sesión de robótica:
jueves, 4 de abril de 2024
5º SESIÓN DE ROBÓTICA 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Este mércores 3 de abril, alumnado de 4º de Educación Primaria profundizou no seu traballo en Scratch. Agora xa saben debuxar os seus propios avatares e agregar puntos, para iso crearon unha variable co valor 1 que se incrementa cada vez que un avatar toco ao outro. Xa case son capaces de crear o seu propio xogo virtual!!
sábado, 16 de marzo de 2024
4ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º E.PRIMARIA
Este mércores, 13 de marzo de 2024, o noso alumnado de 4º E.Primaria seguiu traballando con Scratch:
1º Crearon varios avatares.
2º Buscaron tres ou catro escenarios diferentes.
3º Colocaron imaxes de distintos alimentos sobre un dos escenarios.
4º Por último, localizaron os comandos necesarios para que ao chocar o avatar con cada unha das imaxes dos alimentos se trasladase a outro dos escenarios.
Con todas estas aprendizaxes, na seguinte sesión van crear cada parella o seu proxecto de Scratch que compartiremos a través deste blogue.
miércoles, 28 de febrero de 2024
3ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º E.PRIMARIA
Este mércores, 21 de febreiro, o alumnado de 4º E.Primaria seguiu traballando co Scratch. Nesta sesión, as nenas e nenos de 4ºEP experimentaron escollendo o seu avatar e buscando os comandos para movelo, seguindo unhas directrices do profesor de robótica, cambiándolle o tamaño, poñéndolle sons...






.jpg)

.jpg)






















