Os días 2 e 3 de marzo de 2020, o alumnado de 6º E. Primaria realizou dúas prácticas para aprender a cargar un programa no mBot desde mBlock.
Para isto:
1º Conectamos os nosos mBot co cable aos portátiles da Aula Abalar.
2º Aprendemos a subir a programación do noso robot, desde o ordenador, á placa de Arduino do mBot para despois poder manexalo desconectando o cable. Desta maneira, en canto saquemos o cable, o noso robot vai usar a batería que ten para executar as ordes que lle pasamos á súa memoria.
Na primeira sesión conseguimos que os mBot parpadearan (función semáforo) e logo que se desprazaran ata chegar a unha determinada distancia dun obstáculo (a parede da aula) e que parasen.
Na segunda sesión repetimos o aprendido e agora fixemos que o robot se desprazara cara adiante, se parase ao chegar a unha determinada distancia dun obstáculo e avanzara cara atrás. Continuamos experimentando para conseguir que ao chegar preto da parede, se parase, volvese cara atrás e logo xirara.
Polo medio destas sesións tivemos que solucionar algúns problemas técnicos, como axustar os parafusos dos motores do mBot ou cambiarlles as pilas aos que non teñen batería incorporada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario