martes, 1 de junio de 2021
SESIÓN COS MBOOTS EN 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA
O mércores 26 de maio os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria tivemos a penúltima sesión de robótica impartida polo docente especialista.
Desta vez descargamos o programa mblock e actualizamos todo o necesario para que este programa estea operativo en todos os PCs da aula de informática. Despois conectamos os mboots cos ordenadores para poder dar indicacións aos nosos robots.
Utilizamos os comandos para facer un semáforo e unha linterna. A actividade do semáforo consistía en que o robot acendese:
un led de cor vermella durante 3 segundos,
un led de cor amarelo durante 1 segundo,
un led de cor verde durante 1 segundo e
estivese 3 segundos en espera.
A actividade da linterna consistía en que o robot mboot acendese un led vermello ao pulsar a tecla “a” e se apagase ao tocar a letra “b”.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario