O alumnado de 4º de Educación Primaria comeza este cursos coas súas primeiras clases e prácticas de Robótica.
A primeira sesión levouse a cabo o 25 de xaneiro e traballaron con LEGO ROBOTS.
O LEGO WeDo é o kit de
robótica educativa para iniciar aos nenos e nenas de primaria na programación.
Permite construir robots con sensores simples, programalos e conectalos a
ordenadores. É unha ferramenta que serve ademais para axudar a mellorar
habilidades motoras e mentais.
Como complemento dispoñemos de tablets, nas
que están instaladas as aplicacións para poder traballar cos
LEGO WeDo.
Por grupos, debían seguir os pasos correctamente para intentar construír un satélite que programaron desde as súas tablets.
Foi unha sesión moi divertida e entretida na que nos adentramos no mundo da robótica e programación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario