O alumnado de 3º A tivo esta sesión de robótica o 12 de abril e o de 3º B o 19 de abril de 2023.
Traballaron co programa mBlock para programar os robots mBot desde o ordenador. Esta vez tratábase de conseguir que o robot se movese 15 cm cara adiante cando se pulsa unha letra do teclado, 15 cm cara atrás ao pulsar outra, que xire 90 º cara a dereita ao pulsar outra letra do teclado e outros 90º cara a esquerda, usando unha cuarta letra. O obxectivo é que na vindeira sesión os robots poidan moverse sobre un panel e eles e elas poidan dirixilos para que se vaian desprazando sobre o mesmo en función da información que vaian buscando.
Seguro que o conseguen!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario