jueves, 16 de marzo de 2023

6ª SESIÓN DE ROBÓTICA ALUMNADO DE 4º

 Os rapaces e rapazas de 4º tiveron este mércores día 15 de marzo unha nova sesión de robótica traballando cos mBots co programa mBlock.

A tarefa desta semana consistía en facer que se movese cara adiante, cara atrás, á dereita e á esquerda.

Deste xeito aprenderon a realizar movementos básicos controlados por teclas.

Despois, alternando co movemento, tiñan que programar para que se acendese, ao mesmo tempo que se movía, unha luz intermitente á dereita e outra á esquerda.

Todos os grupos conseguiron o reto!







3ª SESIÓN DE ROBÓTICA DO ALUMNADO DE 3º E.PRIMARIA CURSO 2022-23

O alumnado de 3º A e 3º B asistiu á terceira sesión de robótica deste curso; o de 3º A o 1 de marzo e o de 3º B o 15 de marzo. Esta vez aprenderon a programar o seu robot mBot desde o ordenador. 

1º Conectaron os robots ao ordenador.

2º Buscaron os comandos para conseguir acender as luces do robot en cor amarelo.

3º Conseguiron acender as luces da esquerda en verde e as da dereita en azul para que alumearan ao mesmo tempo.

4º Puxéronlles unha luz intermitente ao robot para que parpadease un número determinado de veces. Isto foi a tarefa máis difícil ata que descubriron como facer os bucles.

Estas imaxes corresponden a esta sesión de robótica:


  

 






      






lunes, 13 de marzo de 2023

5ª SESIÓN DE ROBÓTICA ALUMNADO DE 4º

 O pasado 1 de marzo o alumnado de 4º de EP realizou unha nova clase de robótica, desta vez traballando con mBots.

O programa nBlock permite controlar robots. As ordes que lle tiveron que mandar nesta sesión ao robot foron elaborar un semáforo (vermello, verde e amarelo) e alternar as cores.

Todos os grupos conseguiron o reto!






martes, 28 de febrero de 2023

4ª SESIÓN DE ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 4º EP (curso 2022-2023)

 

O 15 de febreiro o alumnado de 4º EP tivo a súa cuarta sesión de robótica traballando co programa TINKERCAD.

O profesor de robótica explicoulles como acceder a este programa cun código de clase e un contrasinal e como manexalo. A partir de aí, cada equipo comezou o deseño dun chaveiro. Algún modelo igual se pode chegar a imprimir!






3ª SESIÓN DE ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 4º EP (curso 2022-2023)

 

O 8 de febreiro levouse a cabo a terceira sesión de robótica co alumnado de 4º EP.

Desta vez aprenderon a deseñar en 3 D con Doodle 3D.

 Fixeron dous diseños: un chaveiro e un vaso.






2ª SESIÓN DE ROBÓTICA ALUMNADO DE 4º EP ( curso 2022-2023)

 

 O 1 de febreiro levouse a cabo a segunda sesión de robótica con Lego Robots co alumnado de 4º EP.

Desta vez, tiveron que seguir os pasos na tablet para ir construindo un coche LEGO con motor que finalmete debía moverse. Conseguírono!






1ª SESIÓN DE ROBÓTICA ALUMNADO DE 4º EP (curso 2022-2023)

 

O alumnado de 4º de Educación Primaria comeza este cursos coas súas primeiras clases e prácticas de Robótica.

A primeira sesión levouse a cabo o 25 de xaneiro e traballaron con LEGO ROBOTS.

LEGO WeDo é o kit de robótica educativa para iniciar aos nenos e nenas de primaria na programación. Permite construir robots con sensores simples, programalos e conectalos a ordenadores. É unha ferramenta que serve ademais para axudar a mellorar habilidades motoras e mentais.

Como complemento dispoñemos de tablets, nas que están instaladas as aplicacións para poder traballar cos LEGO WeDo.

 

Por grupos, debían seguir os pasos correctamente para intentar construír un satélite que programaron desde as súas tablets.

Foi unha sesión moi divertida e entretida na que nos adentramos no mundo da robótica e programación.