miércoles, 19 de abril de 2023

5ª SESIÓN DE ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 3º E. PRIMARIA

O alumnado de 3º A tivo esta sesión de robótica o 12 de abril e o de 3º B o 19 de abril de 2023.

Traballaron co programa mBlock para programar os robots mBot desde o ordenador. Esta vez tratábase de conseguir que o robot se movese 15 cm cara adiante cando se pulsa unha letra do teclado, 15 cm cara atrás ao pulsar outra, que xire 90 º cara a dereita  ao pulsar outra letra do teclado e outros 90º cara a esquerda, usando unha cuarta letra. O obxectivo é que na vindeira sesión os robots poidan moverse sobre un panel e eles e elas poidan dirixilos para que se vaian desprazando sobre o mesmo en función da información que vaian buscando. 

Seguro que o conseguen!!







miércoles, 12 de abril de 2023

9ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º EP

 O mércores, 12 de abril os rapaces e rapazas de 4º volveron traballar co programa Mblock, e desta vez aprenderon a realizar as seguintes accións co robot:

- Xiro de 90º hacia a dereita.

- Avanzar 15 cm.

- Xiro de 90º hacia a esquerda.

- Retroceder 15 cm.

Reto conseguido!











8ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º EP

 O pasado 29 de marzo, o alumnado de 4º traballou co programa SCRATCH.

Por parellas, debían escoller un personaxe, modificalo ou adpatalo, cambiarlle o fondo, engadirlle novos obxectos...

Logo de ter escollidos todos estes elementos, engadiron unha nova acción que era facer que eses obxectos escollidos se movesen dun lado a outro da pantalla mandándolles as ordes e accións necesarias.




miércoles, 29 de marzo de 2023

4ª SESIÓN DE ROBÓTICA DO ALUMNADO DE 3º E. PRIMARIA

O alumnado de 3º A tivo esta sesión o día 22 de marzo e o alumnado de 3º B o 29 de marzo. Durante esta clase de robótica, os nenos e nenas de terceiro seguiron traballando cos robots mBot. Desta volta, aprenderon a manexar o seu robot usando as teclas que teñen frechas e a barra espaciadora do teclado do ordenador. Conseguiron que o seu robot avanzase, retrocedese, xirara cara a dereita e cara a esquerda e parase. Logo programárono para que cando se pulse a tecla A xire 90º e cando se pulse a tecla B xire 180º.







miércoles, 22 de marzo de 2023

7ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º EP

 O mércores, 22 de marzo os rapaces e rapazas de 4º desfrutaron dunha nova sesión de robótica traballando de novo co programa mBlock.

En primeiro lugar, realizaron a programación dos cinco movementos; arriba, abaixo, dereita, esquerda e parada.

Logo, co mBot conectado, executaron ordes para que andivera pero non chocara con nada, e para iso empregaron o sensor de infravermellos, que son os dous ollos do robot.

Deste xeito, o robot andaba, pero cando se atopaba cun obstáculo, detíñase.

Reto conseguido!




jueves, 16 de marzo de 2023

6ª SESIÓN DE ROBÓTICA ALUMNADO DE 4º

 Os rapaces e rapazas de 4º tiveron este mércores día 15 de marzo unha nova sesión de robótica traballando cos mBots co programa mBlock.

A tarefa desta semana consistía en facer que se movese cara adiante, cara atrás, á dereita e á esquerda.

Deste xeito aprenderon a realizar movementos básicos controlados por teclas.

Despois, alternando co movemento, tiñan que programar para que se acendese, ao mesmo tempo que se movía, unha luz intermitente á dereita e outra á esquerda.

Todos os grupos conseguiron o reto!







3ª SESIÓN DE ROBÓTICA DO ALUMNADO DE 3º E.PRIMARIA CURSO 2022-23

O alumnado de 3º A e 3º B asistiu á terceira sesión de robótica deste curso; o de 3º A o 1 de marzo e o de 3º B o 15 de marzo. Esta vez aprenderon a programar o seu robot mBot desde o ordenador. 

1º Conectaron os robots ao ordenador.

2º Buscaron os comandos para conseguir acender as luces do robot en cor amarelo.

3º Conseguiron acender as luces da esquerda en verde e as da dereita en azul para que alumearan ao mesmo tempo.

4º Puxéronlles unha luz intermitente ao robot para que parpadease un número determinado de veces. Isto foi a tarefa máis difícil ata que descubriron como facer os bucles.

Estas imaxes corresponden a esta sesión de robótica: