miércoles, 19 de febrero de 2020

Sesión de Robótica en 4º de primaria

O alumnado de 4º traballa por primeira vez este curso na introdución  á Robótica.
Coñeceron os scornabots e o seu funcionamento.





Coñeceron as distintas pezas dos mbot e os seus nomes, para a súa posterior montaxe.








martes, 11 de febrero de 2020

Panel de Igualdade

Mercamos, grazas ao presuposto do PFPP un novo panel e máis grande sobre un dos temas que forma parte do día a día da educación en valores: a igualdade, integrada tamén no mundo da Robótica.
Está baseado no libro: ELLAS CUENTAN (mulleres e nenas que cambiaron o mundo).


Ademáis, tamén adquirimos un sensor para poñer nos paneis, de xeito que cando pase o robot por diante se poña dunha cor que determinemos ou unha gravación con son, palabras... Seguimos avanzando.


martes, 14 de enero de 2020

COREOGRAFÍAS COS ESCORNABOTS EN 6º B

O alumnado de 6º B xogou a facer coreografías cos Escornabots. Cada parella programou coa axuda dos botóns o seu robot e conseguiron bailes moi simpáticos. Deixámosvos como mostra dous Escornabots bailando unha muiñeira, que acompañou coa pandeireta unha alumna. 




jueves, 9 de enero de 2020

CONECTANDO OS MBOTS AOS PORTÁTILES DE AULA_DECEMBRO DE 2019

Despois de que a coordinadora TIC instalara o programa mBlock nos portátiles da nosa Aula Abalar, decidimos probar como funcionaban os nosos robots.
O alumnado de 6º B comprobamos así que os robots mBot funcionan perfectamente se os conectamos aos portátiles e non nos dan tantos problemas como se os conectamos aos ordenadores da aula de Informática porque o portátil os recoñece rapidamente e non temos que andar probando con distintos portos USB. 
Aproveitamos para repasar a linguaxe de programación, traballando en parellas, e realizamos as seguintes prácticas:
1º Encendido e apagado dos LEDs da placa.
2º Función semáforo: luces verdes, amarelas e vermellas.
3º Función semáforo con son incorporado cando se pon verde. 
4º Sensor de distancias con aviso dunha cor predeterminada.






martes, 19 de noviembre de 2019

Material adquirido coa asignación económica por parte da Consellería

Neste curso 2019/20 continuamos co proxecto de "Introdución á Robótica educativa en primaria", do cal presentamos un proxecto de ampliación.
O curso pasado déronnos unha aportación económica, coa que mercamos o seguinte material:

  • 5 robots mBot 

  • 10 robots Scornabots
  • 2 Legos
  • 2 Tablets

  • Paneles



Continuamos con esta liña de traballo no PFPP, o que supón máis formación para o profesorado, a cal xa deu comenzo o día 28 de outubro, ademais da que nos impartiu o Centro Galego de Robótica o día 21 de outubro.
Ao mesmo tempo, estanse a clonar todos os ordenadores das aulas Abalar para ter dispoñible o programa MBlock e así facilitar o traballo ao alumnado neste eido e non ter que estar supeditados á aula de informática.
Nas tablets contamos coas aplicacións para poder traballar co material adquirido.


viernes, 24 de mayo de 2019

SESIÓN Nº 2 DE MONTAXE DO MBOT-6º B

Nesta segunda sesión acabamos de montar o noso mBot.
Deixamos de momento o chasis e preparamos o mCore do robot.
5. Placa mCore e módulo Bluetooth
Imos fixar a placa mCore do robot. Abrimos a caixa que o contén e con moito coidado acoplamos o módulo Bluetooth. Temos que ser moi coidadosos para non danar o chip. Logo volvemos a cerrar a caixa que o protexe.



O módulo bluetooth é parte do cerebro do noso robot, o que recibe os datos desde o noso mando. Leva uns pins na parte de arriba central e outros pins na parte de abaixo esquerda.







6. Fonte de enerxía: soporte e pilas
Tamén temos que preparar a fonte de enerxía, que son pilas AA e temos un soporte para as mesmas, que imos pegar con un velcro adhesivo ao chasis do robot.
As pilas alimentan o nos circuito e o noso robot.

É o momento de unir o chasis e o mCore para rematar de montar o noso robot. Temos coidado de que os cables estean ben colocados. Estes deben saír polo lateral esquerdo para poder logo conectalos ao mCore, o cable RJ25 que conecta o sensor ultrasónico debe saír polo lateral esquerdo tamén, o cable RJ25 que conecta o sensor ultrasónico debe saír polo lateral dereito. É importante colocar ben todos os cables porque unha vez unimos o mCore ao chasis é difícil.
Unimos o mCore atornillándoo aos espárragos de latón que temos preparados no chasis.











Para poder funcionar hai que conectar todos os cables con coidado de que cada un vaia no seu lugar correspondente.
  • Os cables dos motores conéctanse no lado dereito do chasis en Motor Connector, o motor esquerdo en M! e o motor dereito en M".
  • O sensor sigue-liñas conéctase por medio dun cable RJ25 ao porto 2 (esquerda).
  • O sensor ultrasónico conéctase por medio dun cable RJ25 ao porto 3 (dereita).
  • As pilas AA conéctanse á parte traseira do mCore a Power Connector.
7. Mando
Permítenos varios modos de manexo do robot, temos as frechiñas para ir para adiante-atrás, dereita-esquerda e logo os números que sirven para darlle a velocidade que desexemos ao robot.

Xa temos outro mBot preparado para funcionar.