Nesta segunda sesión acabamos de montar o noso mBot.
Deixamos de momento o chasis e preparamos o mCore do robot.
5. Placa mCore e módulo Bluetooth
Imos fixar a placa mCore do robot. Abrimos a caixa que o contén e con moito coidado acoplamos o módulo Bluetooth. Temos que ser moi coidadosos para non danar o chip. Logo volvemos a cerrar a caixa que o protexe.
O módulo bluetooth é parte do cerebro do noso robot, o que recibe os datos desde o noso mando. Leva uns pins na parte de arriba central e outros pins na parte de abaixo esquerda.
6. Fonte de enerxía: soporte e pilas
Tamén temos que preparar a fonte de enerxía, que son pilas AA e temos un soporte para as mesmas, que imos pegar con un velcro adhesivo ao chasis do robot.
As pilas alimentan o nos circuito e o noso robot.
É o momento de unir o chasis e o mCore para rematar de montar o noso robot. Temos coidado de que os cables estean ben colocados. Estes deben saír polo lateral esquerdo para poder logo conectalos ao mCore, o cable RJ25 que conecta o sensor ultrasónico debe saír polo lateral esquerdo tamén, o cable RJ25 que conecta o sensor ultrasónico debe saír polo lateral dereito. É importante colocar ben todos os cables porque unha vez unimos o mCore ao chasis é difícil.
Unimos o mCore atornillándoo aos espárragos de latón que temos preparados no chasis.
Para poder funcionar hai que conectar todos os cables con coidado de que cada un vaia no seu lugar correspondente.
- Os cables dos motores conéctanse no lado dereito do chasis en Motor Connector, o motor esquerdo en M! e o motor dereito en M".
- O sensor sigue-liñas conéctase por medio dun cable RJ25 ao porto 2 (esquerda).
- O sensor ultrasónico conéctase por medio dun cable RJ25 ao porto 3 (dereita).
- As pilas AA conéctanse á parte traseira do mCore a Power Connector.
Permítenos varios modos de manexo do robot, temos as frechiñas para ir para adiante-atrás, dereita-esquerda e logo os números que sirven para darlle a velocidade que desexemos ao robot.
Xa temos outro mBot preparado para funcionar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario