jueves, 16 de mayo de 2019

SESIÓN Nº 1 DE MONTAXE DO MBOT-6º B

Ata o de agora traballouse cos robots mBot xa montados. Coa adquisición de novo material para Robótica, plantéxase a necesidade do montaxe deste material, entre o cal están máis mBot, que veñen por pezas e desmontados.
Así, comenzamos pola identificación das partes do mBot, que son as seguintes:
1. CHASIS
   É unha armadura metálica sobre a que se sosteñen o resto das partes do robot.


2. MOTORES E RODAS
   O mBot conta con dous motores, os que se lles unimos as rodas, permiten que se desprace. Estes motores proporciónanlle un ángulo xiratorio de 360º.






3. SENSOR DE LIÑA
   Ten a capacidade de detectar unha liña negra sobre un fondo branco ou viceversa. Isto permite que poidamos diseñar circuitos, coa finalidade de que mBot siga o camiño marcado.
4. SENSOR DE ULTRASONS
   Aporta ao noso robot a capacidade de percibir se un obxecto está preto del, calculando mediante ondas a distancia que hai dende o robot ata o obstáculo. 

O primeiro paso é emsamblar os dous motores ao chasis, cos parafusos M3 e as súas correspondentes tuercas.
 

 

Unha vez que temos os motores engadimos as rodas a cada motor con parafusos de autoperformación.
Engadimos o sensor sigue-liñas e a mini roda con dous parafusos e a axuda do desparafusador que vén co robot. Fixamos ambas pezas na parte frontal do chasis.
 


Outro sensor que vén incorporado no mBot é o sensor ultrasónico que vai permitir que o noso robot detecte obstáculos. Este sensor dalle un aspecto de cara ao noso mBot.
 

É o momento de sacar os cables dos motores polo buraco que temos no centro do chasis para facilitarnos o traballo posterior. Tamén utilizamos dúas conexións RJ25 para conectar os dous sensores que instalamos ata agora ao mCore, que procederemos a acoplar na seguinte sesión. Para unir o mCore necesitaremos catro espárragos de latón que atornillamos ao chasis nas súas catro esquinas.











No hay comentarios:

Publicar un comentario