lunes, 31 de mayo de 2021

SESIÓN CON BEE BOTS EN 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

O venres, 28 de maio os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria elaboramos unha pirámide nutricional. Para iso, empregamos os bee bots e os paneis con tarxetas relacionadas cos alimentos e clasificacións necesarias para poder completala.

 Para conseguilo seguimos os seguintes pasos:

1º) Empregando os ordenadores de aula, buscamos información sobre a pirámide alimenticia.



2º) Empregando o panel e os bee bots tivemos que guialos ata chegar a conseguir todas as tarxetas necesarias para completar a pirámide.



3º) Reto conseguido!




miércoles, 26 de mayo de 2021

SESIÓN DE SCRATCH EN 4º (II)

O mércores, 19 de maio o alumnado de 4º de EP tivemos a terceira sesión de robótica guiada polo mestre especialista. Foi a segunda que traballamos co programa Scratch. Como xa estamos familiarizados con scratch, avanzamos un pouco máis e tivemos que elixir un avatar script e crear un laberinto. A actividade consistía en crear un videoxogo e facer pasar o script por ese laberinto ata chegar á meta. Pero para facelo máis complicado tivemos que engadirlle varias condicións: - Se o script toca o borde do laberinto, deber regresar ao punto de inicio. - Cando logre chegar á meta, haberá que cambiar de escenario e felicitar o logro.

SESIÓN DE SCRATCH I EN 4ºA

O mércores, 12 de maio o alumnado de 4º A tivo a segunda sesión de robótica na aula de audiovisuais do centro. Impartida novamente polo doceente especializado en robótica. Nesta segunda sesión traballouse coa última versión de Scratch a través da páxina https://scratch.mit.edu/ O alumnado entrou cun nome de usuario e contrasinal que lles foron entregados. Durante esta sesión puideron familiarizarse coa linguaxe e comandos da programación.

domingo, 23 de mayo de 2021

SESIÓN DE SCRATCH EN 6º (III)

 

O mércores, 19 de maio o alumnado de 6º de EP tivemos a terceira sesión de robótica guiada polo mestre especialista. Foi a segunda que traballamos co programa Scratch. Desta vez, tivemos que elixir un avatar script e crear un laberinto. A actividade consistía en crear un videoxogo e facer pasar o script por ese laberinto ata chegar á meta.

Pero para facelo máis complicado tivemos que engadirlle varias condicións:

- Se o script toca o borde do laberinto, deber regresar ao punto de inicio.

- Cando logre chegar á meta, haberá que cambiar de escenario e felicitar o logro.







SESIÓN DE SCRATCH EN 6º (II)

 



O mércores, 12 de maio tivemos a segunda sesión de robótica na aula de informática. Desta vez, traballamos por primeira vez coa última versión de Scratch. O mestre entregoulle a cada alumno e alumna o nome co seu usuario e contrasinal para acceder ao programa, e puideron crear un videoxogo usando os comando que se lles ían indicando. Especialmente traballáronse os movementos de "arriba e abaixo" e "dereita e esquerda" empregando a "x" en valor positivo e negativo, e a "y" en valor positivo e negativo.




miércoles, 19 de mayo de 2021

SESIÓN DE LEGO ROBOTS 4º A

O CEIP de Arzúa organizou unhas sesións de robótica para que o alumnado participante poida seguir formándose no mundo da programación e da robótica. Serán un total de cinco sesións que se levarán a cabo todos os mércores do mes de maio e o primer mércores do mes de xuño. Na primeira sesión levada a cabo o mércores, 5 de maio o alumnado de 4º tivo a oportunidade de desfrutar e aprender cos Lego Robots. Os alumnos e alumnas, organizados en grupos de dous, poideron construir un vehículo científico que programaron desde a tablet. Seguindo os pasos do docente, especializado en robótica, aprenderon a manexar o robot para que se desprazara cara adiante, cara atrás, se detivera... Foi unha actividade que lles gustou moito!

lunes, 17 de mayo de 2021

SESIÓN DE SCRATCH EN 5º A

O mércores, 12 de maio o alumnado de 5º A tivo a segunda sesión de robótica co profesor externo que está a desenvolver no noso colexio cinco sesións durante este mes de maio e a primeira semana de xuño. 

Nesta segunda sesión traballouse coa última versión de Scratch a través dunha páxina na que o alumnado entrou co usuario e contrasinal que lles foron entregados. Durante a mesma puideron crear un videoxogo usando os comandos que el lles foi indicando. 

Avanzouse con rapidez porque xa estaban familiarizados con esta linguaxe de programación.