O mércores,
19 de maio o alumnado de 6º de EP tivemos a terceira sesión de robótica guiada
polo mestre especialista. Foi a segunda que traballamos co programa Scratch.
Desta vez, tivemos que elixir un avatar script e crear un laberinto. A
actividade consistía en crear un videoxogo e facer pasar o script por ese
laberinto ata chegar á meta.
Pero para
facelo máis complicado tivemos que engadirlle varias condicións:
- Se o
script toca o borde do laberinto, deber regresar ao punto de inicio.
- Cando
logre chegar á meta, haberá que cambiar de escenario e felicitar o logro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario