O CEIP de
Arzúa organizou unhas sesións de robótica para que o alumnado participante
poida seguir formándose no mundo da programación e da robótica. Serán un total
de cinco sesións ao longo do terceiro trimestre.
Na primeira
sesión levada a cabo o mércores, 5 de maio o alumnado de 6º tivo a oportunidade
de desfrutar e aprender cos Lego Robots.
Organizados
en grupos de dous, poideron construir un vehículo científico que programaron
desde a tablet. Seguindo os pasos e con todo o material necesario, gozaron
desta actividade na que unha vez montado o vehículo lle deron diferentes ordes
de movemento, cor, son.. unha actividade moi divertida!
No hay comentarios:
Publicar un comentario