Hoxe, 5 de maio de 2021, o alumnado de 5ºA desenvolveu unha sesión de robótica empregando os Lego-robots.
Grazas ás sesións de robótica organizadas polo centro, puidemos traer once equipos de Lego-robots para traballar de maneira conxunta toda a clase (no centro, de momento, só temos dous equipos). Organizados en grupos de dous, os rapaces e rapazas de quinto puideron construír un vehículo científico que programaron desde a tablet para que se desprazara cara adiante cunha cor verde, cara atrás cunha cor vermella, se detivera e emitise un son previamente gravado. A continuación, programárono para que se parase ante un obstáculo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario