jueves, 16 de mayo de 2019

SESIÓN Nº 1 DE MONTAXE DO MBOT-6º B

Ata o de agora traballouse cos robots mBot xa montados. Coa adquisición de novo material para Robótica, plantéxase a necesidade do montaxe deste material, entre o cal están máis mBot, que veñen por pezas e desmontados.
Así, comenzamos pola identificación das partes do mBot, que son as seguintes:
1. CHASIS
   É unha armadura metálica sobre a que se sosteñen o resto das partes do robot.


2. MOTORES E RODAS
   O mBot conta con dous motores, os que se lles unimos as rodas, permiten que se desprace. Estes motores proporciónanlle un ángulo xiratorio de 360º.






3. SENSOR DE LIÑA
   Ten a capacidade de detectar unha liña negra sobre un fondo branco ou viceversa. Isto permite que poidamos diseñar circuitos, coa finalidade de que mBot siga o camiño marcado.
4. SENSOR DE ULTRASONS
   Aporta ao noso robot a capacidade de percibir se un obxecto está preto del, calculando mediante ondas a distancia que hai dende o robot ata o obstáculo. 

O primeiro paso é emsamblar os dous motores ao chasis, cos parafusos M3 e as súas correspondentes tuercas.
 

 

Unha vez que temos os motores engadimos as rodas a cada motor con parafusos de autoperformación.
Engadimos o sensor sigue-liñas e a mini roda con dous parafusos e a axuda do desparafusador que vén co robot. Fixamos ambas pezas na parte frontal do chasis.
 


Outro sensor que vén incorporado no mBot é o sensor ultrasónico que vai permitir que o noso robot detecte obstáculos. Este sensor dalle un aspecto de cara ao noso mBot.
 

É o momento de sacar os cables dos motores polo buraco que temos no centro do chasis para facilitarnos o traballo posterior. Tamén utilizamos dúas conexións RJ25 para conectar os dous sensores que instalamos ata agora ao mCore, que procederemos a acoplar na seguinte sesión. Para unir o mCore necesitaremos catro espárragos de latón que atornillamos ao chasis nas súas catro esquinas.











viernes, 10 de mayo de 2019

PLACA LILYPAD

EMPEZAMOS...

Primeiro, recoñecemento dos diferentes materiais que imos empregar:

  • tea conductora 
  • fío conductor
  • placa
  • leds
  • circuítos eléctricos: aberto e pechado
Despois a coser e a cantar...como dí o refrán !

UN CORAZÓN

UNHA VACA MARELA 



UN EMOJI



miércoles, 8 de mayo de 2019

PREPARADOS PARA UNHA NOVA EXPERIENCIA NA AULA DE PRIMEIRO NIVEL

Imos traballar os e-textiles, empregando os nosos pequenos pero grandes coñecementos das STEAM, dada a nosa idade.

Presentamos as placas Lilypad e a Adafruit, as que nos van permitir ensinarvos moitas cousas que seremos capaces de facer...

Resultado de imagen de lilypad





Pero, con calma, o primeiro que temos que facer é aprender a coser, iso sí cun fío especial , un fío conductor para poder facer pequenos circuitos ... como o da foto


E como segundo paso ...

Xa vos contaremos!

domingo, 21 de abril de 2019

Robótica alumnado 6º

O venres 29 de marzo fixemos outra práctica de Robótica. Esta vez tratou de cambiar o escenario, poñéndolle un fondo e outros obxectos/personaxes, distintos ao Oso Panda, para programar videoxogos.
Por outro lado volvemos programar os robots.
- Fixámonos na linguaxe, que debe de estar en español
- Conectamos as placas do mBot
- Conectamos o Porto Serie
- Facemos un programa para que o robot o execute.















Sesión Robótica 6º

O xoves 21 de marzo, acudimos á aula de informática para traballar co mBlock e cos mBot.
Primeiro pedín ao alumnado que abriran mBlock para visualizar a interface que presenta e comentala:
- Escenario (parte esquerda)
- Bloques de programación (parte central)
- Espazo onde se constrúe o programa, onde se colocan os bloques (parte dereita)
Trátase de levar a cabo unha programación visual (por bloques) e pódese facer de dúas maneiras:
1) Programar un videoxogo, seleccionando os bloquess do centro e construíndo o programa na ventá dereita, visualizando o videoxogo na ventá esquerda ou "escenario" onde está o Oso Panda, que é a personaxe que o/a alumno/a controla cando xoga.
2) Programar os robots, elixindo tamén os bloques do centro e construíndo o programa na ventá dereita. Neste caso, hai que utilizar os bloques da categoría Robots. Para testear o programa do robot, non existe unha ventá como o "escenario" para os videoxogos. O que hai que facer é cargar o programa ao robot e testear directamente nel.
Para esto, conectamos o robot mediante un cable a portos USB (un porto do robot e outro da CPU) e producimos movemento ao robot.
Temén lle puxemos a PLACA LED conectada tamén con un cable a un dos portos do mBot. Nesta placa podemos mostrar unha cara, un debuxo, o nome, un emoticono...