martes, 8 de junio de 2021

SEGUNDA SESIÓN DE SCRATCH EN 5ºA CO PROFESOR ESPECIALISTA

Na xornada do 29 de maio, o alumnado de 5ºA recibiu a segunda sesión de Scratch co profesor especialista en robótica. 

Desta vez tiveron que crear un videoxogo no que debuxaron un escenario cun labirinto. Colocado un scrip dentro, tratábase de conducilo ata o final, de tal maneira que se tocaba un borde do labirinto volvía ao principio e cando conseguía chegar ata o final, aparecía outra pantalla cunha mensaxe de felicitación. 






martes, 1 de junio de 2021

SESIÓN COS MBOTS EN 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA (IV)

 

O mércores, 26 de maio o alumnado de 6º de Educación Primaria realizamos a cuarta sesión de robótica impartida polo mestre especialista. Nesta ocasión traballamos co programa Mblock.

En primeiro lugar conectamos os mbots cos ordenadores para comezar a darlles as ordes: utilizamos os comando para facer un semáforo e unha lanterna.

a) A actividade do semáforo consistía en que o robot acendese: un led de cor vermella durante tres segundos, un led de cor amarelo durante un segundo, un led de cor verde durante un segundo e estivese outros tres en espera.

b) A actividade da lanterna consistía en que o mbot acendese un led vermello ao pulsar a tecla "a" e se apagase ao pulsar a tecla "b".

Unha vez máis, foi unha sesión moi divertida e na que aprendemos moitas cousas máis deste mundo tan entretido da robótica.




 

 

 

SESIÓN COS MBOOTS EN 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O mércores 26 de maio os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria tivemos a penúltima sesión de robótica impartida polo docente especialista. Desta vez descargamos o programa mblock e actualizamos todo o necesario para que este programa estea operativo en todos os PCs da aula de informática. Despois conectamos os mboots cos ordenadores para poder dar indicacións aos nosos robots. Utilizamos os comandos para facer un semáforo e unha linterna. A actividade do semáforo consistía en que o robot acendese: un led de cor vermella durante 3 segundos, un led de cor amarelo durante 1 segundo, un led de cor verde durante 1 segundo e estivese 3 segundos en espera. A actividade da linterna consistía en que o robot mboot acendese un led vermello ao pulsar a tecla “a” e se apagase ao tocar a letra “b”.

lunes, 31 de mayo de 2021

SESIÓN CON BEE BOTS EN 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

O venres, 28 de maio os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria elaboramos unha pirámide nutricional. Para iso, empregamos os bee bots e os paneis con tarxetas relacionadas cos alimentos e clasificacións necesarias para poder completala.

 Para conseguilo seguimos os seguintes pasos:

1º) Empregando os ordenadores de aula, buscamos información sobre a pirámide alimenticia.



2º) Empregando o panel e os bee bots tivemos que guialos ata chegar a conseguir todas as tarxetas necesarias para completar a pirámide.



3º) Reto conseguido!




miércoles, 26 de mayo de 2021

SESIÓN DE SCRATCH EN 4º (II)

O mércores, 19 de maio o alumnado de 4º de EP tivemos a terceira sesión de robótica guiada polo mestre especialista. Foi a segunda que traballamos co programa Scratch. Como xa estamos familiarizados con scratch, avanzamos un pouco máis e tivemos que elixir un avatar script e crear un laberinto. A actividade consistía en crear un videoxogo e facer pasar o script por ese laberinto ata chegar á meta. Pero para facelo máis complicado tivemos que engadirlle varias condicións: - Se o script toca o borde do laberinto, deber regresar ao punto de inicio. - Cando logre chegar á meta, haberá que cambiar de escenario e felicitar o logro.

SESIÓN DE SCRATCH I EN 4ºA

O mércores, 12 de maio o alumnado de 4º A tivo a segunda sesión de robótica na aula de audiovisuais do centro. Impartida novamente polo doceente especializado en robótica. Nesta segunda sesión traballouse coa última versión de Scratch a través da páxina https://scratch.mit.edu/ O alumnado entrou cun nome de usuario e contrasinal que lles foron entregados. Durante esta sesión puideron familiarizarse coa linguaxe e comandos da programación.

domingo, 23 de mayo de 2021

SESIÓN DE SCRATCH EN 6º (III)

 

O mércores, 19 de maio o alumnado de 6º de EP tivemos a terceira sesión de robótica guiada polo mestre especialista. Foi a segunda que traballamos co programa Scratch. Desta vez, tivemos que elixir un avatar script e crear un laberinto. A actividade consistía en crear un videoxogo e facer pasar o script por ese laberinto ata chegar á meta.

Pero para facelo máis complicado tivemos que engadirlle varias condicións:

- Se o script toca o borde do laberinto, deber regresar ao punto de inicio.

- Cando logre chegar á meta, haberá que cambiar de escenario e felicitar o logro.