miércoles, 19 de mayo de 2021

SESIÓN DE LEGO ROBOTS 4º A

O CEIP de Arzúa organizou unhas sesións de robótica para que o alumnado participante poida seguir formándose no mundo da programación e da robótica. Serán un total de cinco sesións que se levarán a cabo todos os mércores do mes de maio e o primer mércores do mes de xuño. Na primeira sesión levada a cabo o mércores, 5 de maio o alumnado de 4º tivo a oportunidade de desfrutar e aprender cos Lego Robots. Os alumnos e alumnas, organizados en grupos de dous, poideron construir un vehículo científico que programaron desde a tablet. Seguindo os pasos do docente, especializado en robótica, aprenderon a manexar o robot para que se desprazara cara adiante, cara atrás, se detivera... Foi unha actividade que lles gustou moito!

lunes, 17 de mayo de 2021

SESIÓN DE SCRATCH EN 5º A

O mércores, 12 de maio o alumnado de 5º A tivo a segunda sesión de robótica co profesor externo que está a desenvolver no noso colexio cinco sesións durante este mes de maio e a primeira semana de xuño. 

Nesta segunda sesión traballouse coa última versión de Scratch a través dunha páxina na que o alumnado entrou co usuario e contrasinal que lles foron entregados. Durante a mesma puideron crear un videoxogo usando os comandos que el lles foi indicando. 

Avanzouse con rapidez porque xa estaban familiarizados con esta linguaxe de programación. 







domingo, 9 de mayo de 2021

PRIMEIRA SESIÓN DE LEGO ROBOTS EN 6º EP (I)

 

O CEIP de Arzúa organizou unhas sesións de robótica para que o alumnado participante poida seguir formándose no mundo da programación e da robótica. Serán un total de cinco sesións ao longo do terceiro trimestre.

Na primeira sesión levada a cabo o mércores, 5 de maio o alumnado de 6º tivo a oportunidade de desfrutar e aprender cos Lego Robots.

Organizados en grupos de dous, poideron construir un vehículo científico que programaron desde a tablet. Seguindo os pasos e con todo o material necesario, gozaron desta actividade na que unha vez montado o vehículo lle deron diferentes ordes de movemento, cor, son.. unha actividade moi divertida!








PROGRAMACIÓN CON SCRATCH EN 6º EP

 

No segundo trimestre traballamos en dúas sesións con Scratch para iniciarnos na linguaxe da programación.

Aprendemos a utilizar os diferentes bloques de Programación de Scratch realizando as seguintes actividades:

- Colocar un fondo predefinido.

- Introducir un son gravado previamente.

- Importar un "scripts" e modificar o tamaño, engadirlle outro disfrace...

- Importar un escenario.

- Programar o desprazamento, engadir sons, engadir texto...

- Manexamos así todos os mandos: control, movemento, son, apariencia...


 

miércoles, 5 de mayo de 2021

SESIÓN DE LEGO ROBOTS EN 5ºA

Hoxe, 5 de maio de 2021, o alumnado de 5ºA desenvolveu unha sesión de robótica empregando os Lego-robots. 

Grazas ás sesións de robótica organizadas polo centro, puidemos traer once equipos de Lego-robots para traballar de maneira conxunta toda a clase (no centro, de momento, só temos dous equipos). Organizados en grupos de dous, os rapaces e rapazas de quinto puideron construír un vehículo científico que programaron desde a tablet para que se desprazara cara adiante cunha cor verde, cara atrás cunha cor vermella, se detivera e emitise un son previamente gravado. A continuación, programárono para que se parase ante un obstáculo. 











miércoles, 31 de marzo de 2021

MONTAXE DOS NOVOS MBOT EN 5º A

Na sesión de robótica do xoves, 25 de marzo e na do venres, 26 de marzo, o alumnado de 5º A colocouse en equipos de tres para realizar os seguintes traballos:

- Rematar a montaxe dos catro mBot novos que chegaron este curso. 

- Substituír as pilas dos mBot que xa había o curso pasado por baterías. 

- Realizar modificacións nos mBot que xa estaban montados en cursos anteriores, colocándolles unha pantalla LED na parte dianteira. Para iso o primeiro que fixemos foi cambiar de lugar o sensor de posición. Desta forma deixamos a pantalla LED colocada na parte frontal do mBot e enriba dela quedou o sensor de proximidade. Dita pantalla vainos permitir colocar os nosos textos, realizar pequenos debuxos, poñer xogos de luces...





Aqueles rapaces e rapazas que aínda non usaran os Lego-robots ou os Escornabots, dispuxéronse en grupos de dous para usar este material. Somos moitos alumnos nesta clase e só hai dous xogos de Lego-robots.






martes, 23 de marzo de 2021

SESIÓN DE ROBÓTICA EN 5º A

Na sesión desta tarde, 23 de marzo de 2021, formamos equipos e repartimos o material de robótica:

a) Uns empregaron os escornabots.

b) Outros usaron os Lego robots.

c) Outros estiveron montando os novos mBot. Temos agora mesmo 9 robots deste tipo e precisamos algúns máis para desenvolver unha sesión con eles, dado que somos 23 alumnos/as na aula de 5º A. Os oito alumnos e alumnas aos que lles tocou facer esta tarefa de montaxe deixaron os motores conectados ao chasis (a armadura metálica que sostén as pezas do robot) e as dúas rodas colocadas. A algúns deulles tempo tamén a acoplar a batería á placa mCore. Continuaremos con este traballo na vindeira sesión desta semana para deixar os mBot operativos e listos para usar.