jueves, 18 de abril de 2024

6ª SESIÓN DE ROBÓTICA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

O mércores 17 de abril, o alumnado de 4º E,.Primaria tivo unha sesión de robótica na que, xuntando todos os coñecementos aprendidos ata agora sobre Scratch, prepararou un xogo para que os máis pequenos/as diferencien os alimentos saudables e os non saudables. Para facer isto:

1º Descargaron fotos de alimentos saudables e non saudables. 

2º Completaron as fotos que tiñan con algunha imaxe sacada de Internet; xa que o banco de imaxes de Scratch non as tiña.

3º Crearon dúas variables con estes nomes:

.- Alimentos saudables.

- Alimentos non saudables.

4º Incorporaron un evento de bandeira verde e un comando no que lle deron a cada variable o valor 0.

Estas imaxes e o vídeo corresponden a esta sesión de robótica:







jueves, 4 de abril de 2024

5º SESIÓN DE ROBÓTICA 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 Este mércores 3 de abril, alumnado de 4º de Educación Primaria profundizou no seu traballo en Scratch. Agora xa saben debuxar os seus propios avatares e agregar puntos, para iso crearon unha variable co valor 1 que se incrementa cada vez que un avatar toco ao outro. Xa case son capaces de crear o seu propio xogo virtual!! 





sábado, 16 de marzo de 2024

4ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º E.PRIMARIA

Este mércores, 13 de marzo de 2024, o noso alumnado de 4º E.Primaria seguiu traballando con Scratch:

1º Crearon varios avatares.

2º Buscaron tres ou catro escenarios diferentes.

3º Colocaron imaxes de distintos alimentos sobre un dos escenarios.

4º Por último, localizaron os comandos necesarios para que ao chocar o avatar con cada unha das imaxes dos alimentos se trasladase a outro dos escenarios. 

Con todas estas aprendizaxes, na seguinte sesión van crear cada parella o seu proxecto de Scratch que compartiremos a través deste blogue. 










miércoles, 28 de febrero de 2024

3ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º E.PRIMARIA

Este mércores, 21 de febreiro, o alumnado de 4º E.Primaria seguiu  traballando co Scratch. Nesta sesión, as nenas e nenos de 4ºEP experimentaron escollendo o seu avatar e buscando os comandos para movelo, seguindo unhas directrices do profesor de robótica, cambiándolle o tamaño, poñéndolle sons...











miércoles, 31 de enero de 2024

2ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º E.PRIMARIA

Este mércores, 31 de xaneiro de 2024, o alumnado de 4º E.Primaria comezou o seu proxecto de Scratch. Nesta sesión recordamos algunhas cousiñas básicas que xa se viran o curso pasado:

1º Escoller un escenario.

2º Buscar unha imaxe para colocar no escenario.

3º Incorporar un obxecto secundario.

4º Programar un dos obxectos, previamente seleccionado, imprimíndolle un movemento. Aplicamos para isto os coñecementos adquiridos sobre os eixes de coordenadas. 

Estas son algunhas imaxes sacada durante esta clase:








miércoles, 24 de enero de 2024

1ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º E.PRIMARIA

O mércores, 17 de xaneiro comezaron as sesión de robótica deste curso 2023-24. O alumnado de 4º A e 4º B estivo traballando durante unha clase cos LEGO robots. Construíron un vehículo que despois programaron desde a tableta correspondente.







miércoles, 24 de mayo de 2023

7ª SESIÓN DE ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 3º E.PRIMARIA

Na xornada do 24 de maio, o alumnado de 3ºA e 3ºB tiveron unha sesión de Scratch. Nesta clase de robótica fixeron o seguinte:

1º Elixir un escenario que se correspondese cunha paisaxe para a súa historia.

2º Escoller dous animais para insertar nesa paisaxe.

3º Incluír o texto de cada personaxe (intentar crear un diálogo entre eles que tivese relación co coidado do medioambiente).

4º Definir o seu movemento na pantalla. 

5º Aos que lles deu tempo incluír tamén algún son.