miércoles, 20 de enero de 2021

PROXECTOS CON SCRATCH EN 5º A

O martes, 19 de xaneiro o alumnado de 5º A seguiu traballando con Scratch. Agora que xa sabe que os bloques cambian en función da categoría seleccionada, comezou a experimentar coas figuras que pode animar e cos fondos do escenario. 

Cada neno e nena tiña que escoller un fondo e un "scripts" e a partir de aí, engadir ordes ao obxecto seleccionado arrastrando os bloques que levan a cabo as accións que desexamos ordenar ao mesmo. Pouco a pouco, e seleccionando as distintas "pezas" dos diferentes tipos (Movemento, Control, Apariencia, Son...), conseguimos ir creando o noso propio proxecto Scratch. 

1º Importamos un "scripts". 

2º Modificamos o seu tamaño.

3º Engadímoslle outro ou outros "disfraces".

4º Importamos un escenario.

5º Programamos o desprazamento da nosa figura.

6º Enriquecemos o noso proxecto engadindo un son e facendo que o "scripts" diga ou pense algo. 

7º Por último, aprendemos a gardar o noso proxecto para recuperalo noutra ocasión e poder melloralo.






Deixámosvos aquí algúns vídeos para que vexades o resultado do noso traballo:










martes, 19 de enero de 2021

Sesión cos Escornabots en 4º

O día 15 de xaneiro o alumnado de 4º de Primaria iniciou a súa andaina no mundo da robótica. Empezamos a sesión traballando cos Escornabots  explicándolles como funcionaban e que funcións tiña cada un dos botóns. Cando xa coñecían esta información dedicámonos a repasar as clases de palabras e a acentuación con ditos robots. 








miércoles, 13 de enero de 2021

SESIÓN DE ROBÓTICA CON ESCORNABOTS E LEGO ROBOTS EN 5ºA

Na xornada do martes, 12 de xaneiro de 2021 fixemos unha sesión de robótica na aula de 5º A. 

No marco das normas Covid, dispuxemos as mesas e o material para gardar distancias de seguridade e repartindo tarefas en parellas, co obxecto de evitar a manipulación do mesmo material por dúas persoas distintas. 


Desta maneira, e dado que non dispoñemos de Escornabots para 23 alumnos/as nin Legos, un grupo traballou cos Escornabots realizando bailes sincronizados cos mesmos; outro grupo xogou cos Lego Robots, contruíndo o seu robot e programándoo despois desde a tablet correspondente; e outro grupo estrenou o novo material que nos enviou a Consellería para ampliar os Legos que xa tiñamos. 












INICIACIÓN Á LINGUAXE DE PROGRAMACIÓN CON SCRATCH EN 5ºA

O 22 de decembro dec2020, na aula de 5º A traballamos con Scratch para iniciarnos na linguaxe de programación. 

Propuxéronse retos de dificultade crecente que o alumnado foi resolvendo empregando os diferentes bloques de programación de Scratch:

- Construción de figuras xeométricas sinxelas (cadrado, rectángulo, triángulo...)

- Cambio do  trazo das figuras.

- Cambio da cor das figuras.

- Colocar fondo predefinido.

- Introdución dun son gravado previamente...