domingo, 31 de marzo de 2019

BLUE DEPORTISTA

Xa está subido ao blogue de XOGADEARZÚA, unha nova actividade de ROBÓTICA que elaborou a mestra Marita cos nenos e nenas de 1º de Educación primaria...se queredes saber máis preme na imaxe do panel que elaboraron para iso


viernes, 29 de marzo de 2019

A NOSA COMARCA: ARZUA.

Esta semana o alumnado de 4 anos A quixemos fundir o noso eixe vertebrador de este curso co que estamos aprendendo no eido da robótica.
A nosa idea foi crear un mantel Arzua para repasar o que le Vamos aprendido durante este curso.
E así nos quedou....
Agora toca o turno de tirar o dado e comenzar a xogar paseando ao noso bee bot pola nosa Vila de Arzu
a!




miércoles, 27 de marzo de 2019

PRÁCTICAS COS MBOT

O alumnado de 5º B fomos á aula de Informática para seguir traballando cos robots.
Esta vez conectamos os mBot ao ordenador e fixemos as seguintes prácticas:
1) Puxémoslle cor vermella ao noso mBot.
2)  Cambio de luz a verde e azul.
3) Función semáforo.
4) Semáforo con aviso para invidentes: isto supón incorporar un son cando se acenda a luz vermella do semáforo dos coches.
5) Aceso e apagado dos LEDs da placa MCore que conectamos ao robot, acendéndoas todas en vermello.
6) Escribimos o noso nome, un debuxo... para que se vexa na placa LED.

Agora temos que repetir esta práctica cos compañeiros e compañeiras que foron á excursión da neve. Os que participaron nesta sesión de robótica farán de monitores dos outros/as.
Foi unha sesión que nos cundiu moito!!







martes, 26 de marzo de 2019

A ROBOTICA NA PDI

Hoxe traballamos en 4 anos A conceptos espaciais e resolución de problemas na PDI con xogos e aplicacións nos que a robótica xoga un  papel fundamental... Seremos quen de acadar entre tod@s o último nivel??

Nesta aplicación de dificultade progresiva non o fixemos nada mal!

lunes, 25 de marzo de 2019

PRIMEIROS PASOS COS MBOTS

MBlock é un software que podemos empregar para programar os nosos MBots.
Pouco a pouco, ímonos familiarizando con todas as posibilidades que ofrece este software.

ACHEGAMENTO Á ROBÓTICA

O alumnado de sexto B dedicamos unha sesión a traballar coa Robótica. O paso previo ao uso dos robots é coñecer e familiarizase cos medios cos que imos traballar. Para iso, achegámonos á liguaxe de programación e manipulamos os equipos a fin de ir coñecendo os compoñentes e as súas funcións.

sábado, 23 de marzo de 2019

PROXECTO DE EMOCIÓNS: RECEITAS DE CHUVIA E AZUCRE





BLUE BOT E O NOSO PROXECTO DE EMOCIÓNS II

Chegou a derradeira sesión do proxecto das emocións  co noso amigo BLUE!

Cambiamos grupos das actividades en sesións anteriores, por iso da interacción entre todos e todas do grupo de primeiro nivel de primaria, segundo a mestra titora.
Explícase en gran grupo para logo facelo como traballo cooperativo en pequenos grupos.




A dinámica desta actividade repítese en cada un dos grupos:

  1. Elíxese unha tarxeta das oito emocións seleccionadas, cun código qr que lerán cunha aplicación do móbil, BIDI.


  1. Visualizarán un vídeo onde terán que recoñecer a emoción desenvolta no mesmo.
  2. Elaborarán a secuencia de movementos do robot para chegar a emoción que lles tocou e ler coas cartulinas elaboradas para este fin , de novo lerán o código qr que aparece no cadrado, código qr xerado coas recetas para traballar esa emoción.









 






SESIÓN 4 ( II Sesión práctica co Mbot )


SESIÓN 4 (II Sesión práctica co Mbot )

Hoxe volvemos traballar cos mBots e aprendermos a programar cousas diferentes:
Terceira actividade:
  • Recordando os pasos aprendidos na sesión anterior onde lle puxemos cores ao robot, desta vez fomos alternando as cores cos sons.
Cuarta actividade:
  • Conectamos as placas e fixemos moitos debuxos nelas, escribimos palabras...
Quinta actividade:
- Descubrimento: Probamos novas cousas, combinando con novos bloques, e recordamos programacións que fixemos co Mbot noutras sesións intentando e probando con novas accións.










SESIÓN 3 ( I Sesión práctica co Mbot )


SESIÓN 3 (I Sesión práctica co Mbot )

Xa podemos conectar os mBot! Nesta sesión tivemos a primeira toma de contacto cos mBot.
Primeiro observámolos e aprendemos que partes ten (portos, sensores, placas...).
Logo, aprendemos a conectalo co programa mBlock e a acender o robot.

Primeira actividade:
  • Movemento: fixemos mover o robot (catra adiante e atrás, xirar...)
Segunda actividade:
  • Puxémoslle cor ao robot: aprendemos a poñer luces de cores, espaciando os tempos, combinando cores, alternando...










SESIÓN 2 (sesión práctica co programa mBlock)






SESIÓN 2 (Sesión práctica co programa mBlock)

Unha vez aprendida un pouco a teoría sobre o programa mBlock, acendemos os ordenadores e comezamos coa práctica.
Recordamos que primeiro aprenderemos a programar no ordenador, co oso panda, para outro día levalo á práctica co mBot.
Así que comezamos coa práctica!
Chegamos á conclusión de que o progrma mBlock parece un puzzle, xa que xuntando bloques construimos un programa. É como nos puzzles, unhas pezas encaixan entre elas e outras non, polo que identificaremos cando algo se está facendo ben ou mal.
Movemos oa oso, debuxamos, fixémoslle falar...e un montón de cousas máis.














SESIÓN 1 (Sesión teórica)



1ª SESIÓN (Sesión teórica)

Subimos á aula de informática para tomar o primeiro contacto co mundo da Robótica.
Primeiro, atendemos a unhas previas explicacións antes de ir ao ordenador.
Coñecemos progrma m-Block e falamos de termos como programar ou robot.

Coñecemos que cando abrimos o programa, na pantalla vemos tres partes:
1)Escenario: na parte esquerda.
2)Bloques e categrorías: no centro.
3)Espacio de construción de programa, onde se colocan as pezas: na parte dereita.

Aprendemos que antes de conectar o robot m-Bot (Programación de robots) aprenderemos a programar neste programa, no propio ordenador, cun oso panda (ou outro avatar que queiramos poñer). (Programación de videoxogo).

Coñecemos que significan algúns deses bloques de programación cos que imos traballar:
Bloque de movemento: son os azuis. Podemos facer que o oso se desprace, rote...
Bloque de apariencia: son os lilas. Podemos facer que o oso fale, cambie de cor, engadir outro personaxe...
Bloque de sonido: son os maxentas. Realizan sons.
Bloques de lápiz: son os verdes. Convírtese nunha pantalla tipo Paint.
Bloques eventos: son os marróns. Serven para activar o inicio do programa.
Bloque control: son os laranxa claro. Serve para repetir a acción, esperar un tempo para a seguinte...
Bloque robots: son os azuis oscuros. É exclusivo para traballar co robot que conectemos, combinando con outros bloques.




jueves, 21 de marzo de 2019

BLUE BOT E O NOSO PROXECTO DE EMOCIÓNS I

Xa estamos na segunda sesión con noso novo amigo robot. Benvido outra vez Blue!!!!

Para empezar o noso proxecto de emocións temos que empezar polo principio, a lectura do libro no que nos basamos Recetas de lluvia y azúcar  de Ana Meilán, onde traballamos diferentes emocións como a alegría, a templanza, o enfado, a empatía, así como as receitas propostas polas autoras para superalas.

Un exemplo do traballado hoxe:

A CONFIANZA NUN MESMO/A

Quererse a un/ha mesmo/a
Coller un espello e bicar intensamente a quen esté de fronte

          O ENFADO

Unha imaxe vale máis que mil palabras

Colocarse cabeza cara abaixo ata que pase o enfado, unha das solucións da receita