miércoles, 27 de marzo de 2019

PRÁCTICAS COS MBOT

O alumnado de 5º B fomos á aula de Informática para seguir traballando cos robots.
Esta vez conectamos os mBot ao ordenador e fixemos as seguintes prácticas:
1) Puxémoslle cor vermella ao noso mBot.
2)  Cambio de luz a verde e azul.
3) Función semáforo.
4) Semáforo con aviso para invidentes: isto supón incorporar un son cando se acenda a luz vermella do semáforo dos coches.
5) Aceso e apagado dos LEDs da placa MCore que conectamos ao robot, acendéndoas todas en vermello.
6) Escribimos o noso nome, un debuxo... para que se vexa na placa LED.

Agora temos que repetir esta práctica cos compañeiros e compañeiras que foron á excursión da neve. Os que participaron nesta sesión de robótica farán de monitores dos outros/as.
Foi unha sesión que nos cundiu moito!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario