martes, 10 de marzo de 2020

Sesión de Robótica en 5º de Primaria co Escornabot



O alumnado de 5º traballamos por primeira vez cos escornabots. En primeiro lugar aprendemos a manexalo, en definitiva, aprender como "mandarlle as ordes", para logo facer unha actividade por grupos.
Había catro paneis sobre os que manexar o escornabot: panel matemático con operacións matemáticas con decimais, panel de Ciencias con definicións de termos relacionados coas plantas, panel de Xentilicios e panel de Determinantes.


Cada grupo escollemos un panel. Tiñamos que elixir unha tarxeta na que se nos plantexaba unha pregunta para despois levar ao escornabot á resposta correcta. Foi moi divertido!




Mestras: Noelia e Remi

Sesión de robótica en 5º de Primaria co mBot



Nesta sesión tivemos a primeira toma de contacto cos mBot.
Primeiro observámolos e recordamos que partes ten (portos, sensores, placas...).
Logo, recordamos como había que conectalo co programa mBlock e a acender o robot.
  • Movemento: fixemos mover o robot (cara adiante e atrás, xirar...)
  • Puxémoslle cor ao robot: aprendemos a poñer luces de cores, espaciando os tempos, combinando cores, alternando.
  • Combinamos o movemento do mBot con luces e sons.



 

COREOGRAFÍAS COS ESCORNABOTS EN 6ºA

     O alumnado de 6º A divertímonos cos escornabots. Primeiro programamos os nosos robots



E rematamos as sesións poñéndonos románticos ao son de Sergio Dalma.

SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º E 6º A

     O pasado venres, día 6 de marzo, os alumnos de cuarto axudados polos seus compañeiros de sexto A,fixeron dúas sesións de robótica profundizando e avanzando nos seus coñecementos de mBot.




domingo, 8 de marzo de 2020

TRABALLANDO COS ROBOTS LEGO EN 6ºB

O venres, 6 de marzo estrenamos os kits dos robots LEGO. Conseguimos aprender programación e robótica dunha forma lúdica. 
Primeiro construímos varios robots sinxelos.







 Despois conectamos os robots LEGO ao programa instalado na tablet e desde alí intentamos que fixeran determinadas funcións: acendido de luces, reprodución de sons gravados previamente...





viernes, 6 de marzo de 2020

Traballo cos scornabots en 4º de primaria

O día 3 de marzo os nenos e nenas de 4º fixeron unha actividade de Robótica co obxectivo de familiarizarse cos scornabots, ao mesmo tempo que se reforzaron os coñecementos relacionados cos corpos xeométricos.








miércoles, 4 de marzo de 2020

ROBÓTICA EN 6º E.PRIMARIA

Os días 2 e 3 de marzo de 2020, o alumnado de 6º E. Primaria realizou dúas prácticas para aprender a cargar un programa no mBot desde mBlock.
Para isto:
1º Conectamos os nosos mBot co cable aos portátiles da Aula Abalar.
2º Aprendemos a subir a programación do noso robot, desde o ordenador, á placa de Arduino do mBot para despois poder manexalo desconectando o cable. Desta maneira, en canto saquemos o cable, o noso robot vai usar a batería que ten para executar as ordes que lle pasamos á súa memoria. 

Na primeira sesión conseguimos que os mBot parpadearan (función semáforo) e logo que se desprazaran ata chegar a unha determinada distancia dun obstáculo (a parede da aula) e que parasen.



Na segunda sesión repetimos o aprendido e agora fixemos que o robot se desprazara cara adiante, se parase ao chegar a unha determinada distancia dun obstáculo e avanzara cara atrás. Continuamos experimentando para conseguir que ao chegar preto da parede, se parase, volvese cara atrás e logo xirara. 




Polo medio destas sesións tivemos que solucionar algúns problemas técnicos, como axustar os parafusos dos motores do mBot ou cambiarlles as pilas aos que non teñen batería incorporada.