lunes, 21 de diciembre de 2020

MATERIAL ENVIADO AO CENTRO (PROXECTO DE AMPLIACIÓN DE ROBÓTICA)

 No CEIP de Arzúa adiantáronse os Reis. Todo traballo ten a súa recompensa, pois a ampliación do Proxecto de Robótica presentada este curso foi positiva e recibimos o EQUIPO DE ROBÓTICA EDUCATIVA:

- 6 Robots educativos  mBot Xplorer, con kit de construcción e con material adicional.

- 6 Kits de construcción Lego Education con material complementario acoplamento a mBot.

- Libro Programación e robótica educativa.

  


lunes, 7 de diciembre de 2020

TALLER DE ROBÓTICA EN 5º A


O martes, 6 de outubro, o alumnado de 5ºA participou nun taller de robótica organizado pola Biblioteca "Rosalía de Castro". Ata o noso centro achegáronse dous mozos de Cambre que nos explicaron como confeccionar robots a partir das pezas que eles mesmos crean coas súas impresoras 3D. Na nosa clase, puidemos montar un robot cada neno/a ensamblando as pezas que eles nos ían proporcionando. 



Fixemos unha pequena parada para ver "in situ" como a impresora 3D fabricaba a peza base do robot, sobre a que logo insertamos o resto das pezas. A impresora usa un plástico biodegradable. Eles comentáronnos que en Cambre teñen impresoras moito máis grandes que esta, pero o mecanismo de funcionamento é o mesmo. Durante a sesión de robótica esta impresora só fabricou unha peza!

Despois de case unha hora, cada neno/a puido rematar o seu robot. Aquí vos deixamos un de mostra para que vexades o noso traballo. 


Ao comezo da sesión agasalláronnos a todas e todos cunhas pantallas protectoras. A peza de plástico das pantallas fabrícana eles. Comentáronnos que, durante o confinamento, repartiron moitas pola súa vila para que a xente puidera protexerse, cando aínda custaba conseguir as máscaras nas farmacias.


O noso agradecemento á Biblioteca "Rosalía de Castro" por facernos partícipes desta actividade.