miércoles, 24 de mayo de 2023

7ª SESIÓN DE ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 3º E.PRIMARIA

Na xornada do 24 de maio, o alumnado de 3ºA e 3ºB tiveron unha sesión de Scratch. Nesta clase de robótica fixeron o seguinte:

1º Elixir un escenario que se correspondese cunha paisaxe para a súa historia.

2º Escoller dous animais para insertar nesa paisaxe.

3º Incluír o texto de cada personaxe (intentar crear un diálogo entre eles que tivese relación co coidado do medioambiente).

4º Definir o seu movemento na pantalla. 

5º Aos que lles deu tempo incluír tamén algún son. 

 









6ª SESIÓN DE ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 3º E.PRIMARIA

O alumnado de 3º A tivo esta sesión o 26 de abril, e o alumnado de 3º B o 24 de maio. Nesta clase de robótica repasaron os movementos dos robos mBot, para despois repetir as instrucións, pero cambiando os comandos co obxectivo de dirixir os robots cun mando a distancia, sen necesidade de telos enchufados ao ordenador.  

Unha vez que fixeron isto, pasaron a traballar sobre o panel das mulleres que temos na aula de informática. Pedíaselles que identificaran a unha muller do panel e quen o facía debía explicarlle aos demais en que campo da cultura destacou. A continuación, entregabáselle unha tableta para que dirixira o robot ás coordenadas nas que se atopaba a fotografía de dita muller famosa. Complicouse o xogo cando se colocaron dous ou tres robots sobre o panel e se foron incorporando tabletas, dado que había que dirixir aos robots, pero non podían chocar entre eles.