miércoles, 26 de abril de 2023

11ª SESIÓN DE ROBÓTICA CO ALUMMNADO DE 4º EP

 Hoxe, mércores 26 de abril, realizamos unha nova sesión de robótica traballando cos mBots, pero desta vez fixemos os movementos no chan sobre un panel. Cada mBot estaba conectado a unha tablet e desde ela realizaban os diferentes movementos (ir cara adiante, cara atrás, xirar á dereita e xirar á esquerda).

Esta panel ten o rostro de varias mulleres que destacaron nalgún campo ao longo da historia. Está baseado no libro "Ellas cuentan. 50 mujeres y niñas que cambiaron el mundo", co que previamente traballamos na aula.

A actividade de hoxe fixémola por grupos. A mestra daba uns datos ou pistas sobre unha das mulleres, e cada grupo debía dirixir o seu robot cara a muller correcta.

Logo, invertimos a actividade. Cada grupo debía dirixir o robot cara unha muller que eles escolleran e dicir todo o que sabían dela.

Foi moi divertido!











sábado, 22 de abril de 2023

10ª SESIÓN DE ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 4º EP

 Realizamos unha nova sesión o mércores 19 de abril.

Volvemos traballar co programa mBLock e cos robots mBots.

O obxectivo de hoxe era que o noso robot emitira un son (pitara) cando detectara unha certa temperatura (maior que a variable dada) ou que encendera unha luz verde (cando a temperatura era menor que a variable dada).

Obxectivo conseguido!




miércoles, 19 de abril de 2023

5ª SESIÓN DE ROBÓTICA CO ALUMNADO DE 3º E. PRIMARIA

O alumnado de 3º A tivo esta sesión de robótica o 12 de abril e o de 3º B o 19 de abril de 2023.

Traballaron co programa mBlock para programar os robots mBot desde o ordenador. Esta vez tratábase de conseguir que o robot se movese 15 cm cara adiante cando se pulsa unha letra do teclado, 15 cm cara atrás ao pulsar outra, que xire 90 º cara a dereita  ao pulsar outra letra do teclado e outros 90º cara a esquerda, usando unha cuarta letra. O obxectivo é que na vindeira sesión os robots poidan moverse sobre un panel e eles e elas poidan dirixilos para que se vaian desprazando sobre o mesmo en función da información que vaian buscando. 

Seguro que o conseguen!!







miércoles, 12 de abril de 2023

9ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º EP

 O mércores, 12 de abril os rapaces e rapazas de 4º volveron traballar co programa Mblock, e desta vez aprenderon a realizar as seguintes accións co robot:

- Xiro de 90º hacia a dereita.

- Avanzar 15 cm.

- Xiro de 90º hacia a esquerda.

- Retroceder 15 cm.

Reto conseguido!











8ª SESIÓN DE ROBÓTICA EN 4º EP

 O pasado 29 de marzo, o alumnado de 4º traballou co programa SCRATCH.

Por parellas, debían escoller un personaxe, modificalo ou adpatalo, cambiarlle o fondo, engadirlle novos obxectos...

Logo de ter escollidos todos estes elementos, engadiron unha nova acción que era facer que eses obxectos escollidos se movesen dun lado a outro da pantalla mandándolles as ordes e accións necesarias.