miércoles, 31 de marzo de 2021

MONTAXE DOS NOVOS MBOT EN 5º A

Na sesión de robótica do xoves, 25 de marzo e na do venres, 26 de marzo, o alumnado de 5º A colocouse en equipos de tres para realizar os seguintes traballos:

- Rematar a montaxe dos catro mBot novos que chegaron este curso. 

- Substituír as pilas dos mBot que xa había o curso pasado por baterías. 

- Realizar modificacións nos mBot que xa estaban montados en cursos anteriores, colocándolles unha pantalla LED na parte dianteira. Para iso o primeiro que fixemos foi cambiar de lugar o sensor de posición. Desta forma deixamos a pantalla LED colocada na parte frontal do mBot e enriba dela quedou o sensor de proximidade. Dita pantalla vainos permitir colocar os nosos textos, realizar pequenos debuxos, poñer xogos de luces...





Aqueles rapaces e rapazas que aínda non usaran os Lego-robots ou os Escornabots, dispuxéronse en grupos de dous para usar este material. Somos moitos alumnos nesta clase e só hai dous xogos de Lego-robots.






martes, 23 de marzo de 2021

SESIÓN DE ROBÓTICA EN 5º A

Na sesión desta tarde, 23 de marzo de 2021, formamos equipos e repartimos o material de robótica:

a) Uns empregaron os escornabots.

b) Outros usaron os Lego robots.

c) Outros estiveron montando os novos mBot. Temos agora mesmo 9 robots deste tipo e precisamos algúns máis para desenvolver unha sesión con eles, dado que somos 23 alumnos/as na aula de 5º A. Os oito alumnos e alumnas aos que lles tocou facer esta tarefa de montaxe deixaron os motores conectados ao chasis (a armadura metálica que sostén as pezas do robot) e as dúas rodas colocadas. A algúns deulles tempo tamén a acoplar a batería á placa mCore. Continuaremos con este traballo na vindeira sesión desta semana para deixar os mBot operativos e listos para usar.