martes, 26 de febrero de 2019

A ROBÓTICA NOS MAIORES DE EDUCACIÓN INFANTIL : 5 ANOS

Na aula de cinco anos traballamos as distancias co robot NEXT. Cantos pasos teremos que ordenar para poder chegar a algún dos nosos compañeiros?? Mmmmm....imos pensar... parecía unha tarefa complicada pero... así de ben o fixemos!!




A ASAMBLEA

 En 4 anos estamos utilizando o noso robot NEXT na asamblea, cara quen irá dirixido hoxe? Bos días NEXT!! Asi da gusto comezar un novo día na escola!!




ROBO-FLOR

A Actividade de hoxe complicámola un chisquiño, presentamos a un novo robot, unha abelliña ben simpática e a que , entre todos en asamblea, decidimos chamarlle FLOR.
Hoxe traballamos conceptos lóxico- matemáticos: formas, cores , números e dirección.En asamblea e por orde cada un dábamos unha orde ao compañeiro seguinte; sería quen de levar a ROBO-FLOR ao seu destino??

 


INICIACIÓN Á ROBÓTICA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Este ano a nosa profe seguirá formándose en este campo da robótica! E hoxe practicamos un chisquiño a direccionalidade co noso robot NEXT!!!  Encantounos a experiencia así que... seguiremolo utilizando !!

domingo, 17 de febrero de 2019

Na busca das figuras musicais.....

Os alumnos de 2º de Primaria tiveron como misión buscar as figuras musicais e contaron coa axuda de Blue bot; para poder dirixilo ao seu destino primeiro tiveron que secuenciar o camiño...  🔜  👣