sábado, 23 de marzo de 2019

BLUE BOT E O NOSO PROXECTO DE EMOCIÓNS II

Chegou a derradeira sesión do proxecto das emocións  co noso amigo BLUE!

Cambiamos grupos das actividades en sesións anteriores, por iso da interacción entre todos e todas do grupo de primeiro nivel de primaria, segundo a mestra titora.
Explícase en gran grupo para logo facelo como traballo cooperativo en pequenos grupos.




A dinámica desta actividade repítese en cada un dos grupos:

  1. Elíxese unha tarxeta das oito emocións seleccionadas, cun código qr que lerán cunha aplicación do móbil, BIDI.


  1. Visualizarán un vídeo onde terán que recoñecer a emoción desenvolta no mesmo.
  2. Elaborarán a secuencia de movementos do robot para chegar a emoción que lles tocou e ler coas cartulinas elaboradas para este fin , de novo lerán o código qr que aparece no cadrado, código qr xerado coas recetas para traballar esa emoción.









 






No hay comentarios:

Publicar un comentario