Hoxe, o alumnado de 6ºA e 5º B foi á aula de Informática para conectar os mBot ao ordenador. Despois de superar algún pequeno atranco coa conexión, empregando o mBlok, programamos os robots para que se desprazaran cara a dereita e cara a esquerda, incorporando un último comando para que se moveran máis rápido.
Temos que destacar a solidariedade e compañeirismo que houbo nesta sesión entre o alumnado, o que nos permitiu ao profesorado etiquetar os equipos e deixar xa os kit preparados para que os poida empregar o resto dos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º E.P.
Na vindeira sesión, xa podemos avanzar máis rápido e incorporar novos elementos, que conectados ao robot, nos permitirán que realice outras funcións.
Imos avanzando!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario