sábado, 23 de marzo de 2019

SESIÓN 1 (Sesión teórica)



1ª SESIÓN (Sesión teórica)

Subimos á aula de informática para tomar o primeiro contacto co mundo da Robótica.
Primeiro, atendemos a unhas previas explicacións antes de ir ao ordenador.
Coñecemos progrma m-Block e falamos de termos como programar ou robot.

Coñecemos que cando abrimos o programa, na pantalla vemos tres partes:
1)Escenario: na parte esquerda.
2)Bloques e categrorías: no centro.
3)Espacio de construción de programa, onde se colocan as pezas: na parte dereita.

Aprendemos que antes de conectar o robot m-Bot (Programación de robots) aprenderemos a programar neste programa, no propio ordenador, cun oso panda (ou outro avatar que queiramos poñer). (Programación de videoxogo).

Coñecemos que significan algúns deses bloques de programación cos que imos traballar:
Bloque de movemento: son os azuis. Podemos facer que o oso se desprace, rote...
Bloque de apariencia: son os lilas. Podemos facer que o oso fale, cambie de cor, engadir outro personaxe...
Bloque de sonido: son os maxentas. Realizan sons.
Bloques de lápiz: son os verdes. Convírtese nunha pantalla tipo Paint.
Bloques eventos: son os marróns. Serven para activar o inicio do programa.
Bloque control: son os laranxa claro. Serve para repetir a acción, esperar un tempo para a seguinte...
Bloque robots: son os azuis oscuros. É exclusivo para traballar co robot que conectemos, combinando con outros bloques.




No hay comentarios:

Publicar un comentario