lunes, 26 de mayo de 2025

SESIÓNS DE ROBÓTICA EN 4º (curso 2024-2025)

 Durante o segundo e terceiro trimestre, cada quince días, o alumnado de 4º de Educación Primaria recibiu, por primeira vez, formación en Robótica a cargo dun mestre especialista.

Era a primeira vez que tomaban contacto con esta disciplina. Foi unha experiencia moi enriquecedora onde aprenderon moitas nocións para desenvolverse neste campo.

Traballaron principalmente con TINKERCAD, unha ferramenta online e gratuita que lles permitiu crear modelos tridimensionais basados na xeometría.

Ao longo destas sesións, traballando sobre o "Plano de traballo" foron quenes de crear diseños como chaveiros, unha copa, un garaxe, unha peza lego...

Como mostra aquí vos deixamos unhas imaxes: