viernes, 6 de marzo de 2020
Traballo cos scornabots en 4º de primaria
O día 3 de marzo os nenos e nenas de 4º fixeron unha actividade de Robótica co obxectivo de familiarizarse cos scornabots, ao mesmo tempo que se reforzaron os coñecementos relacionados cos corpos xeométricos.
miércoles, 4 de marzo de 2020
ROBÓTICA EN 6º E.PRIMARIA
Os días 2 e 3 de marzo de 2020, o alumnado de 6º E. Primaria realizou dúas prácticas para aprender a cargar un programa no mBot desde mBlock.
Para isto:
1º Conectamos os nosos mBot co cable aos portátiles da Aula Abalar.
2º Aprendemos a subir a programación do noso robot, desde o ordenador, á placa de Arduino do mBot para despois poder manexalo desconectando o cable. Desta maneira, en canto saquemos o cable, o noso robot vai usar a batería que ten para executar as ordes que lle pasamos á súa memoria.
Na primeira sesión conseguimos que os mBot parpadearan (función semáforo) e logo que se desprazaran ata chegar a unha determinada distancia dun obstáculo (a parede da aula) e que parasen.
Na segunda sesión repetimos o aprendido e agora fixemos que o robot se desprazara cara adiante, se parase ao chegar a unha determinada distancia dun obstáculo e avanzara cara atrás. Continuamos experimentando para conseguir que ao chegar preto da parede, se parase, volvese cara atrás e logo xirara.
Polo medio destas sesións tivemos que solucionar algúns problemas técnicos, como axustar os parafusos dos motores do mBot ou cambiarlles as pilas aos que non teñen batería incorporada.
miércoles, 19 de febrero de 2020
Sesión de Robótica en 4º de primaria
O alumnado de 4º traballa por primeira vez este curso na introdución á Robótica.
Coñeceron os scornabots e o seu funcionamento.
Coñeceron as distintas pezas dos mbot e os seus nomes, para a súa posterior montaxe.
martes, 11 de febrero de 2020
Panel de Igualdade
Mercamos, grazas ao presuposto do PFPP un novo panel e máis grande sobre un dos temas que forma parte do día a día da educación en valores: a igualdade, integrada tamén no mundo da Robótica.
Está baseado no libro: ELLAS CUENTAN (mulleres e nenas que cambiaron o mundo).
Ademáis, tamén adquirimos un sensor para poñer nos paneis, de xeito que cando pase o robot por diante se poña dunha cor que determinemos ou unha gravación con son, palabras... Seguimos avanzando.
martes, 14 de enero de 2020
COREOGRAFÍAS COS ESCORNABOTS EN 6º B
O alumnado de 6º B xogou a facer coreografías cos Escornabots. Cada parella programou coa axuda dos botóns o seu robot e conseguiron bailes moi simpáticos. Deixámosvos como mostra dous Escornabots bailando unha muiñeira, que acompañou coa pandeireta unha alumna.
jueves, 9 de enero de 2020
CONECTANDO OS MBOTS AOS PORTÁTILES DE AULA_DECEMBRO DE 2019
Despois de que a coordinadora TIC instalara o programa mBlock nos portátiles da nosa Aula Abalar, decidimos probar como funcionaban os nosos robots.
O alumnado de 6º B comprobamos así que os robots mBot funcionan perfectamente se os conectamos aos portátiles e non nos dan tantos problemas como se os conectamos aos ordenadores da aula de Informática porque o portátil os recoñece rapidamente e non temos que andar probando con distintos portos USB.
Aproveitamos para repasar a linguaxe de programación, traballando en parellas, e realizamos as seguintes prácticas:
1º Encendido e apagado dos LEDs da placa.
2º Función semáforo: luces verdes, amarelas e vermellas.
3º Función semáforo con son incorporado cando se pon verde.
4º Sensor de distancias con aviso dunha cor predeterminada.
martes, 19 de noviembre de 2019
Material adquirido coa asignación económica por parte da Consellería
Neste curso 2019/20 continuamos co proxecto de "Introdución á Robótica educativa en primaria", do cal presentamos un proxecto de ampliación.
O curso pasado déronnos unha aportación económica, coa que mercamos o seguinte material:
- 5 robots mBot
- 10 robots Scornabots
- 2 Legos
- 2 Tablets
- Paneles
Continuamos con esta liña de traballo no PFPP, o que supón máis formación para o profesorado, a cal xa deu comenzo o día 28 de outubro, ademais da que nos impartiu o Centro Galego de Robótica o día 21 de outubro.
Ao mesmo tempo, estanse a clonar todos os ordenadores das aulas Abalar para ter dispoñible o programa MBlock e así facilitar o traballo ao alumnado neste eido e non ter que estar supeditados á aula de informática.
Nas tablets contamos coas aplicacións para poder traballar co material adquirido.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)