Mostrando entradas con la etiqueta linguaxe computacional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta linguaxe computacional. Mostrar todas las entradas

jueves, 21 de marzo de 2019

BLUE BOT E O NOSO PROXECTO DE EMOCIÓNS

Xa chegou Bluebot a nosa clase!!

Xogamos e divertímonos con el para facer un achegamento a linguaxe computacional, a programación de algoritmos para un mellor coñecemento do funcionamento deste robot!

Observamos, investigamos, probamos para rematar cunha actividade que nos deixou a mestra de música, Carme. Fixemos secuencias,probamos, equivocámonos, acertamos...unha fermosa experiencia:



Para traballar noutras actividades repartímonos libremente en catro grupos:

                             GRUPO 1: ANTÍA, PAULA, UXÍA, IVÁN, AINHOA, ÓSCAR.
                             GRUPO 2: MARIÑA, ALDARA, EFRÉN, NOA, NATALIA, RUTH.
                             GRUPO 3: IVO, CARME, ELIA, LUCÍA, NURIA.
                             GRUPO 4: MANUEL, JORGE, SAMUEL, IAGO, DIEGO.

INICIACIÓN Á ROBÓTICA EN PRIMEIRO: UN PIANO CON MBLOCK E PLACA MAKEY MAKEY

Xa tiñamos ganas de empezar con esta actividade STEAM onde se poñen en xogo moitos coñecementos e moitas capacidades...pero reto superado ...
Ata fomos capaces de tocar algunha melodía!!!!

Para isto necesitamos ter:

  • Unha placa makey makey e accesorios (cables cocodrilo e un cable USB)
  • Un ordenador con programa Mblock instalado
  • Unhas mandarinas
  • Nenos e nenas
Ademais de moita imaxinación e ganas de aprender!!!!!!



Pero como unha imaxe vale máis que mil palabras!!!!