domingo, 31 de marzo de 2019

BLUE DEPORTISTA

Xa está subido ao blogue de XOGADEARZÚA, unha nova actividade de ROBÓTICA que elaborou a mestra Marita cos nenos e nenas de 1º de Educación primaria...se queredes saber máis preme na imaxe do panel que elaboraron para iso


viernes, 29 de marzo de 2019

A NOSA COMARCA: ARZUA.

Esta semana o alumnado de 4 anos A quixemos fundir o noso eixe vertebrador de este curso co que estamos aprendendo no eido da robótica.
A nosa idea foi crear un mantel Arzua para repasar o que le Vamos aprendido durante este curso.
E así nos quedou....
Agora toca o turno de tirar o dado e comenzar a xogar paseando ao noso bee bot pola nosa Vila de Arzu
a!




miércoles, 27 de marzo de 2019

PRÁCTICAS COS MBOT

O alumnado de 5º B fomos á aula de Informática para seguir traballando cos robots.
Esta vez conectamos os mBot ao ordenador e fixemos as seguintes prácticas:
1) Puxémoslle cor vermella ao noso mBot.
2)  Cambio de luz a verde e azul.
3) Función semáforo.
4) Semáforo con aviso para invidentes: isto supón incorporar un son cando se acenda a luz vermella do semáforo dos coches.
5) Aceso e apagado dos LEDs da placa MCore que conectamos ao robot, acendéndoas todas en vermello.
6) Escribimos o noso nome, un debuxo... para que se vexa na placa LED.

Agora temos que repetir esta práctica cos compañeiros e compañeiras que foron á excursión da neve. Os que participaron nesta sesión de robótica farán de monitores dos outros/as.
Foi unha sesión que nos cundiu moito!!







martes, 26 de marzo de 2019

A ROBOTICA NA PDI

Hoxe traballamos en 4 anos A conceptos espaciais e resolución de problemas na PDI con xogos e aplicacións nos que a robótica xoga un  papel fundamental... Seremos quen de acadar entre tod@s o último nivel??

Nesta aplicación de dificultade progresiva non o fixemos nada mal!

lunes, 25 de marzo de 2019

PRIMEIROS PASOS COS MBOTS

MBlock é un software que podemos empregar para programar os nosos MBots.
Pouco a pouco, ímonos familiarizando con todas as posibilidades que ofrece este software.

ACHEGAMENTO Á ROBÓTICA

O alumnado de sexto B dedicamos unha sesión a traballar coa Robótica. O paso previo ao uso dos robots é coñecer e familiarizase cos medios cos que imos traballar. Para iso, achegámonos á liguaxe de programación e manipulamos os equipos a fin de ir coñecendo os compoñentes e as súas funcións.