1ª
SESIÓN (Sesión teórica)
Subimos á
aula de informática para tomar o primeiro contacto co mundo da
Robótica.
Primeiro,
atendemos a unhas previas explicacións antes de ir ao
ordenador.
Coñecemos
progrma m-Block e falamos de termos como programar ou robot.
Coñecemos
que cando abrimos o programa, na pantalla vemos tres partes:
1)Escenario:
na parte esquerda.
2)Bloques
e categrorías: no centro.
3)Espacio de
construción de programa, onde se colocan as pezas: na parte
dereita.
Aprendemos
que antes de conectar o robot m-Bot (Programación de robots)
aprenderemos a programar neste programa, no propio ordenador, cun oso
panda (ou outro avatar que queiramos poñer). (Programación de
videoxogo).
Coñecemos
que significan algúns deses bloques de programación cos que
imos traballar:
Bloque de
movemento: son os azuis. Podemos facer que o oso se desprace,
rote...
Bloque de
apariencia: son os lilas. Podemos facer que o oso fale, cambie de
cor, engadir outro personaxe...
Bloque de
sonido: son os maxentas. Realizan sons.
Bloques
de lápiz: son os verdes. Convírtese nunha pantalla tipo Paint.
Bloques
eventos: son os marróns. Serven para activar o inicio do
programa.
Bloque
control: son os laranxa claro. Serve para repetir a acción,
esperar un tempo para a seguinte...
Bloque
robots: son os azuis oscuros. É exclusivo para traballar co
robot que conectemos, combinando con outros bloques.